fbpx
Recreación dun megatsunami

S.O.S… Os grandes perigos naturais que pode sufrir Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

En Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, maremotos, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon. Pero, como se poden mitigar?

Para concienciar a sociedade deses riscos e poder tomar, con coñecemento, medidas de prevención e mitigación de danos, o Museo de Historia Natural da USC en colaboración coa Delegación Territorial do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España en Galicia realizan a primeira exposición que se fai no Estado sobre esta temática. A mostra, que leva por título ‘Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza’, inaugurouse este xoves 20

Nas maquetas, paneis e elementos interactivos represéntanse de forma realista paisaxes antes e despois de terremotos, inundacións e movementos de ladeiras, con explicacións rigorosas dos aspectos xeolóxicos causantes dos fenómenos que se mostran na superficie.

As persoas visitantes poderán coñecer a importancia de adoptar medidas de prevención na construción de edificios, tanto nas estruturas fronte a terremotos como no illamento e ventilación fronte a gases procedentes das rochas e solos, e a súa localización fóra das zonas con riscos de inundacións e movementos de ladeiras. A entrada a esta exposición temporal será de balde en horario de apertura do Museo de Historia Natural.

Pode que che interese...