Unha moeda Caetra das guerras cántabras atopada en Lugo / Imperio Nunismático

Coñece os grandes tesouros ocultos do Museo de Lugo

O Museo Provincial de Lugo ten unha das mostras nunismáticas máis importantes de Galicia. Os seus fondos contan cunha copiosa colección que abarca cronoloxicamente desde a época republicana romana ata a actualidade. Actualmente atópanse inventariadas case 5.700 pezas, e hai case 2.500 en proceso de clasificación, aínda que en exposición pública hai só unha parte.

E, precisamente, agora é un gran momento para coñecer esas moedas descoñecidas para o público dos fondos do museo. Moedas que van desde a caetra ata a peseta pasando polo as, o maravedí ou o real.

De feito, na exposición poderán verse distintos tipos de moeda hispana antiga, moeda romana, moeda medieval, moeda moderna e contemporánea e as medallas. En total, o museo ten 459 medallas. Como pezas singulares destácanse as moedas indíxenas da Caetra datadas entre o 25 a.C. e o 23 a.C. ou as mostras hispanomusulmanas.

Baixo o título “Percorridos pola colección nunismática do Museo Provincial de Lugo”, a mostra, que se inaugurou este martes, tenta facer unha ruta por eses fondos nunismáticos que son difíciles de ver. Conta con textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías para achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática.

Percorrido histórico a través das moedas

A exposición  constitúe a segunda parte do estudo e revisión diacrónico da moeda hispánica. Primeiro expúxose a moeda dende o século III a.C. ata a o século XV, achegando información e imaxes das pezas indíxenas, romanas e medievais ata os Reis Católicos incluíndo as hisponomusulmás e outras moedas senlleiras da época.

E, nesta segunda parte, expóñense as moedas modernas e contemporáneas que establecen un marco cronolóxico dende o S. XVI ata a actualidade. A moeda estranxeira formaría parte da derradeira actuación, é fundamentalmente contemporánea e abrangue países de tódolos continentes.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: