fbpx
Presentación do libro “2.000 anos do Balneario de Lugo: un modelo de activación do patrimonio termal"

Convocadas prazas para que desempregados traballen no TIC Arqueolóxico de Lugo

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Lugo publicou na súa web, www.lugo.gal, as bases que rexerán a selección dos 31 lucenses no paro que se formarán e traballarán nos dous novos obradoiros de emprego que conseguiu a entidade local, así como as correspondentes aos directores e os monitores de ambos talleres: TIC Arqueolóxico, encamiñado á dinamización do Vello Cárcere a través das novas tecnoloxías, e Lugo Cóidate, centrado nos servizos de atención sociosanitaria.

Segundo informou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a selección terá lugar entre finais deste mes de agosto e principios de setembro. En concreto, a correspondente aos directores será o 31 de agosto e a dos monitores e os alumnos-traballadores, os días 7 e 8 de setembro.

TIC Arqueolóxico

O obradoiro TIC Arqueolóxico, con 224.000 euros de orzamento, ten como obxectivo a posta en valor e comunicación do patrimonio arqueolóxico de Lugo, facilitar a formación de 16 desempregados maiores de 18 anos, encamiñada a acadar coñecementos para a súa posterior inserción laboral e, ao mesmo tempo, impulsar a actividade no Vello Cárcere, centro que conta precisamente cun espazo dedicado á arqueoloxía.

Segundo a proposta municipal, aprobada integramente pola Xunta, este obradoiro terá unha duración de 9 meses e desenvolverase no Vello Cárcere. Entre as actuacións principais que se contemplan nas diferentes especialidades formativas a impartir atópase a dixitalización en 3D de bens mobles e inmobles do patrimonio histórico e arqueolóxico do municipio, a elaboración de diversas programacións culturais para desenvolver no Vello Cárcere e a creación dun canal cultural.

As persoas que queiran optar a algunha das prazas deben dirixirse ao Servizo Público de Emprego de Galicia, pois é dende esta entidade dende onde enviarán ao Concello unha lista de aspirantes, que despois serán seleccionados en base as devanditas bases xa publicadas na web municipal, que poden ser consultadas polos interesados.

Da selección encargarase un grupo de traballo mixto, formado por dous representantes da Administración autonómica e outros dous da municipal.

Pode que che interese...