Pintura aparecida nunha cova en Baleira / Mariña Patrimonio

FOTOGRAFÍAS: Como son as pinturas aparecidas na Cova de Baleira

As pinturas aparecidas nunha cova, en Baleira, Lugo, poderían abrir novas investigacións na arte rupestre galega. Con todo, e a falta dunha investigación exhaustiva, o máis prudente é agardar ás investigacións que teñen aínda que realizar os expertos. Por iso, polo momento, o máis importante é preservar o ben descuberto.

As únicas imaxes das que dispoñemos son as realizadas por Mariña Patrimonio, colectivo que acudiu ao lugar logo de ser avisados por un veciño da Fonsagrada, David Outeiro, descubridor das mesmas xunto cun amigo garda civil.

Historia de Galicia publica un album con estas fotografías, así como outras dúas que apuntan a semellanzas destas pinturas coas aparecidas en Val de Junco, en Portugal, e que foron proporcionadas polo investigador e colaborador de HdG, Xabier Moure, do colectivo Patrimonio dos Ancares.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

2 Respostas

  1. 12 Agosto 2017

    […] apareceu arte rupestre á espera de que Patrimonio realice unha investigación máis exhaustiva (podes ver fotografías). Pero, en Galicia, existen outras covas e mámoas nas que hai manifestacións artísticas. Fagamos […]

  2. 27 Agosto 2017

    […] Tras a inspección oficial da cova por parte de Cultura, a Xunta de Galicia iniciou xa os trámites para pechala. Técnicos da Administración galega contactaron en días pasados con veciños da zona, que son copropietarios do monte comunal no que se sitúa esa gruta, para solicitar a súa autorización para proceder, de inmediato, a selala e impedir o acceso dos viandantes. Aquí podes ver unha galería de imaxes da Cova de Baleira. […]

A %d blogueros les gusta esto:

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: