fbpx
Temporal na Costa da Morte / RTVE

Historias de vida e morte na Costa da Morte

Tempo de lectura: 2 min.

O Cemiterio dos Ingleses acolleu este luns a terceira edición da Noite dos Naufraxios. A compañía Novas Escenas lembrou a través dunha representación teatral a vida de George Chirgwin, o único supervivente do Iris Hull, onde a traxedia en Punta Boi marcou a súa existencia na noite do 3 de novembro de 1883. Voltou de novo a súa terra na Cornuallés inglesa, formando parte da tripulación da compañía de salvamento de Penzance, pero finou no mesmo atlántico o envorcar a embarcación cando ían na procura do capitán dun barco.

Outra das historias narrou as vidas reais de dúas mulleres unidos por un mesmo lugar, o cemiterio dos ingleses. Carme Palacios nativa de A Ponte do Porto e Allitson inglesa. Ambas perderon un familiar no mar, ambas percorreron camiños diferentes para atoparse nas flores da memoria depositados no cemiterio.

Rosa é unha personaxe imaxinaria creada de anacos de historia de mulleres que sufriron a posguerra na Costa da Morte. Paralelamente a súa vida de miseria e inquedanzas no ano 1943, a ría de Camariñas anegase de gas oíl procedente do Nord Atlantic embarrancado no medio da ría. Unha semana despois un avión alemán realiza unha aterraxe de emerxencia sobre un milleiral na area da vila. O curioso azar fixo que dous irmáns alemáns se xuntaran dende o inicio da segunda guerra mundial, un deles piloto do avión sinistrado e o outro comandante do coñecido como barco do gas. Rosa o seu azar estaba en mans doutras persoas.

Grazas a participación dos mariñeiros dos pobos da Costa da Morte, salvaron moitas vidas no rescate dos náufragos co de risco de perder a súa propia nas augas atlánticas, non foron menos a asistencia e coidados da mulleres da Costa de Morte na recuperación dos feridos. Dúas lavandeiras lembraran como nun intervalo de 8 días en Lobeiras en Arou naufragaba o City of Agra e o noruego Standard que deixaba sen roupa nas localidades de Camelle e Arou tras a afundimento.

Así mesmo, no acto repetíronse as escenas da segunda edición de Noite de naufraxios que versaban sobre as Compañías de Salvamento instaladas en Camelle para establecer un salvamento na Costa da Morte, e Albert Jamrach un pasaxeiro que a bordo do City of Agra ía rumbo a Calcuta na procura de animais para o zoo de Londres. Así como os avatares vitais dun dos superviventes do Serpent e o cura de Xaviña que chegounos ata os nosos días como o creador do Cemiterio dos ingleses.

O espectáculo é producido pola compañía Dequenquen. Texto e dramaturxia a cargo de Xosé Leis e Bernardino Martínez. Alicia Baña e Andrea Romar interpretan as personaxes femininas e Paco Alvarellos e Bernardino Martínez os masculinos. A música en directo a cargo de Roi Chans e Juan José Riveiro.

Pode que che interese...