fbpx
Mulleres milicanas / http://blogdelviejotopo.blogspot.com.es

Lembrando ás mulleres republicanas

Tempo de lectura: 2 min.

O último semana deste mes as mulleres serán as protagonistas, sobre todo, aquelas que tiveron que sufrin o franquismo e a emigración. Será nas VII Xornadas “Memoria dun tempo”, organizadas pola asociación Nordés, e que terán lugar na casa do Concello de Mañón, en O Barqueiro.

Nesta conferencia participarán expertos en investigación histórica e social desde unha perspectiva de xénero. Así, o xoves 24 intervendrán Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez, coa ponencia “O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado, e a proxección previa do seu documental “Digna Rabia” .

O venres 25 tocaralle o turno a Montse Fajardo Pérez, quen forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra. No seu marco participou no libro Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas, e é tamén autora de “Matriarcas, mulleres en pé de vida” e Un cesto de mazás. A súa charla leva o título de “A memoria das mulleres no relato da represión franquista”.

O sábado 26 terá lugar a V Homenaxe a republicanos/as e libertarias/os na Ponte Vella de O Barqueiro ás 13 horas, namentras que a xornada de tarde consistirá no pase do documental de Margarida Ledo Andión “Apuntamentos para un filme”, que está composto por testemuñas de mulleres galegas emigradas a Arxentina no primeiro terzo do século XX para, a continuación, darlle a palabra a Pilar Cagiao nunha xornada que quere ser unha chamada á participación de todas aquelas mulleres da comarca que se queran achegar para falar da súa experiencia na emigración. A conferencia de Pilar Cagiao leva por título “Ser muller e ser emigrante: a experiencia das galegas en América Latina”.

Para pechar as xornadas estarán María Manuela e Xurxo Varela, nun recital co que Nordés quere homenaxear a tódalas artistas da canción en galego, personificadas neste caso por María Manuela, cantante cunha longa traxectoria.

Pode que che interese...