Surcos onde foron plantados eucaliptos e que afectan ao campo de mámoas de Brñas de Abronxo, no Carrio / Antonio Presas

Unha nova plantación de eucaliptos ameaza un campo de mámoas, unha delas descuberta recentemente

As mámoas das Brañas de Abonxo, localizadas na ladeira oriental da Serra do Carrio (Lalín), forman unha necrópole megalítica situada na divisoria de augas das concas fluviais dos ríos Deza-Arnego. Pertencen á parroquia de Val do Carrio nun lugar limítrofe coa veciña Bermés e o monte no que se atopan ten caracter veciñal, rexido por unha comunidade.

Pero, novamente, unha nova plantación de eucaliptos, volve ameazar un conxunto megalítico de extraordinaria importancia. As mámoas eran coñecidas polos veciños, pero non apareceron en referencias bibliográficas ata hai ben pouco desde que no ano 1996 un técnico de Patrimonio, que procedía á comprobar e situar os grabados rupestres de “Fonte da Anella”, foi informado da existencia dese “campo de mámoas”. De inmediato procedeu a súa catalogación e foron incorporados ao inventario oito túmulos no lugar denominado “Brañas de Abonxo”.

Lugar onde se atopa o campo de mámoas de Brañas de Abonxo, no Carrio e no que se ven varias plantacións / Antonio Presas

Aeroxeradores na contorna

No ano 2002 e pese as advertencias realizadas, a empresa GAMESA colocou uns catro aeroxeneradores na contorna afectando á zona de protección do xacemento, contando, para iso, co correspondente informe arqueolóxico positivo. Uns aeroxeradores que tamén afectaron a un dos círculos dos que xa se deu conta en Historia de Galicia.

Mámoa 5 do conxunto megalítico de Brañas de Abonxo, no Carrio / Antonio Presas

Tradicionalmente o espazo ocupado pola necrópole foi aproveitado polos veciños de Abonxo para subministro de toxos que se transformaban en “esterco nos cortellos”, alternado con ciclos, relativamente longos, de cultivo de estivadas. Os efectos destas roturacións, con independencia das violacións sufridas con anterioridade, notáronse nalgunhas mámoas que foron moi rebaixadas, deixando ao descuberto algúns esteos graníticos.

Plantación de eucaliptos

A finais do último inverno (2016) tivo lugar unha rara intervención neste lugar, ao plantar varias árbores caducifolias (piñeiros entre 8-10 arredor de cada túmulo) polo perímetro externo de cada unha das mámoas desta necrópole, e tamén árbores perennes (eucaliptos). Segundo manifestaron algúns veciños a plantación efectuouse desa maneira para que, no futuro, ninguén se meta dentro dos túmulos, que queden sinalados e protexidos por esas plantacións circulares.

Surcos nos que se plantaron eucaliptos nun campo de mámoas no Carrio / Antonio Presas

Durante o presente ano, 2017, procedeuse á plantación de eucaliptos, mediante trazado de surcos feitos mecanicamente, noutra parcela colindante (Polígono 194, parcela 1598), localizada ao Norte do conxunto das oito mámoas referenciadas. Ao efectuar esta plantación de eucaliptos foi descuberta unha nova mámoa de pequenas dimensións e características similares as outras que forman a necrópole.

As nedidas estimadas na nova mámoa, a localizada ao Norte da necrópole megalítica das “Brañas de Abonxo” son de 20 metros de diámetro e unha altura inferior a 1 metro. Tamén destacan a existencia dun crater de violación na parte central do túmulo e a aparición dun posible esteo do dolmen que foi, parcialmente, roto polo arado ao trazar os surcos para a plantación de eucaliptos.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Investigador e divulgador

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: