fbpx
Dúas monxas clarisas / clarisas belalcazar

Adeus clarisas….Adeus a 800 anos de historia en Pontevedra

Tempo de lectura: 2 min.

Esta semana as dúas últimas monxas que habitaban un dos grandes conventos de Pontevedra, o de Santa Clara, pechaban as súas portas. Un peche simbólico que di adeus a case 800 anos de vida eclesiástica nun dos edificios máis emblemáticos da capital do Lérez.

Foi en 1271 cando se rematou de construír este edificio que chegou a albergar a unha das comunidades de clarisas máis importantes de Galicia. De feito, hai medio século, alí chegaron a vivir máis de 50 delas que, ademais de rezar, tamén elaboraban dóces, atendían dos máis necesitados, elaboran as hostias sagradas da comarca e tamén cultivaban a viña, a horta, o xardín do que sacaban as fermosas flores que cada día adornaban a igrexa.

Convento de Santa Clara, en Pontevedra / turismo.gal

Esas monxas eran parte da paisaxe da cidade, ata esta semana, cando a nai superiora, sor Sagrario, e a irmá sor Purificación, decidiron botar o peche por imponsición da súa orde ante a imposibilidade de vivir sóas nun edificio tan grande e tan vello. Foron trasladadas ao convento de Santa Clara que a orde ten en Santiago.

A súa marcha causou un fondo pesar en Pontevedra e mesmo sorpresa. Ata os frades do convento de San Francisco, que eran os encargados de oficiar culto cada domingo na igrexa de Santa Clara quedaron abraiados pola súa marcha. Xa anunciaron que, de momento, non continuarán celebrando servizo relixioso en Santa Clara, co que o templo, do mesmo xeito que o convento, queda pechado indefinidamente.

Os segredos do convento

Unha mágoa para un convento e unha igrexa que son todo un símbolo da cidade de Pontevedra. O edificio, construído no antigo Camiño de Castela, e flanqueando unha das cinco portas á cidade, ten auténticos segredos.

No seu interior, ocultos tras unha tapa nunha escultura de madeira, gárdanse todos os órganos de San Vicente. Tamén alí están as bandeiras que os heroes de Pontesampaio levaron na súa vitoria sobre os franceses ou os restos dunha monxa que foi frade.

Pode que che interese...