Factoría de Massó, en Cangas

Cangas foi escenario do que podería ser unha das primeiras folgas da historia, no XVII

Cangas, vila mariñeira por antonomasia , tamén destaca por ser un dos pobos máis reivindicativos de Galicia. Xunto ao mar de Vigo que xa cantou Martín Codax a vila foi desenvolvendo a súa economía moderna cun bo número de artesáns que surtían de materiais aos mariñeiros e as súas familias.

Cangas tamén soportou moitos ataques de piratas  e tivo heroínas como María Soliña da que xa falamos en HdG. E sempre soubo responder con valor unha e outra vez a estas invasións, que saqueaban a vila, mataban aos seus habitantes e violaban ás súas mulleres.

Imaxe do filme “A paixón de María Soliña” / Youtube

Pero Cangas tamén atesoura outro anaco importante da historia de Galicia.  Segundo o que foi cronista oficial de Cangas, Antonio Cabanelas, temos a noticia de que unha das primeiras folgas obreiras das que se teñen constancia tivo lugar nesta vila mariñeira do Morrazo. Esta información aparece no xornal Galicia que dirixía, o galeguista Valentín Paz Andrade, o día domingo 10 de setembro de 1922.

Segundo conta Cabanelas en Cangas produciuse posiblemente a primeira folga obreira do mundo. Isto tivo lugar a principios do século XVII, cando os oficiais xastres reveláronse, declarando unha folga contra os seus mestres (patróns). “Os gremios fortemente unidos decidiron o paro” – relata Cabanelas- “e levárono a practícaa, porque os mestres se negaban a satisfacer as pagas extraordinarias polas horas que eles chamaban ´de vela´, ou sexa, o traballo nocturno”.

A folga, segundo o cronista, tivo unha importante repercusión na vila quedando rexistrado estes sucesos no arquivo municipal. Esta historia seguramente ten marcado a conciencia colectiva deste pobo tan curtido en loitas e reclamacións cívicas, obreiras e sociais.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: