fbpx
Campaña para defender o patrimonio cultural e natural de Mazaricos / Eu son Mazaricos

Eu Son Mazaricos, cando o patrimonio se converte nun valor turístico para un concello

Tempo de lectura: < 1 min.

A asociación cultural Eu Son Mazaricos e o concello desta localidade puxeron en marcha man a man unha campaña para difundir o patrimonio de Mazaricos en redes. Baixo os cancelos #EuSonMazaricos #VisitaMZ #TurismoMZ e #ConcelloDeMazaricos as persoas poderán atopar información diversa.

Desde os perfís de Eu Son Mazaricos subirán semanalmente unha imaxe dun lugar con relevancia paisaxística presidido polas letras MZ. Contra finais de semana, o Concello ampliará a información cunha creación informativa arqueolóxica ou etnográfica a modo de “Sabías que…?”.

Desde Eu Son Mazaricos afirman que “é un traballo de promoción turística pero non só para persoas de fóra de Mazaricos senón tamén para que as propias persoas do lugar sexan conscientes de todo o que lles rodea”. A presidenta, Janet Martínez cre que “o compendio de redes do concello e a asociación ten alcance, por iso decidimos a fórmula colaborativa”.

O alcalde, Juan Blanco Riveiro, explica que “é un traballo conxunto para que todo o patriomonio do noso Concello, que é vasto e variado, chegue ao maior número de persoas posible”. Nesta liña explicou que “todas as tarefas que se están a levar a cabo desde a área de arqueoloxía do Concello están encamiñadas a crear un turismo respectuoso, sostible e fonte de recursos”.

A primeira das publicacións xa se pode consultar:

https://www.instagram.com/eusonmazaricos/

https://www.facebook.com/pg/asociacioneusonmazaricos/photos/

 

Pode que che interese...