fbpx
Dixitalización dunha das pezas do Mestre Mateo / Catedral de Santiago
Dixitalización dunha das pezas do Mestre Mateo / Catedral de Santiago

Familia Franco: Devolvan as estatuas roubadas do Mestre Mateo! #FreeAbrahamIsaac

Tempo de lectura: 3 min.

“Que devolvan o roubado!”. Esta foi o lema de numerosas pancartas que este xoves encheron a porta de entrada ao Museo da Catedral de Santiago. Un “tesouro roubado” que ten que ver con dúas excepcionais pezas do principal artista do romántico galego, o Mestre Mateo.

Primeiro foi o Pazo de Meirás e agora dúas esculturas do desaparecido coro pétreo da Catedral de Santiago. Os espolios de Franco convertéronse xa nun problema político de primeira magnitude. Todos os partidos, incluído o Partido Popular, piden á familia Franco e a fundación que leva o mesmo nome que cumplan a lei e abran o pazo os catro días ao mes, tal e como están obrigados por lei ao tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC).

Duas pezas pertencentes ao Mestre Mateo que son propiedade da familia Franco

Duas pezas pertencentes ao Mestre Mateo que son propiedade da familia Franco

E agora, o BNG e Compostela Aberta, o grupo que goberna en Santiago de Compostela e que forma parte das mareas, tamén queren que a familia Franco devolva as dúas pezas realizadas polo mestre Mateo. Trátase, tal e como xa relatou HdG, de dúas esculturas de 1,70 metros, probablemente os profetas Isaac e Abraham, que procedían do muro adxacente ao arco central da fachada compostelana e que puideron ter sido retiradas do Pórtico en 1520 para instalar dúas portas.

A familia Franco tenas na súa vivenda da Coruña, a Casa Cornide e se soubo da súa existencia, por primeira vez, cando as prestaron en 2008 para a exposición que conmemorou o 800 aniversario da cidade herculina. Pasaron a ser propiedade do ditador como “regalo” –moi comúns naquela época– do Concello de Santiago. Nos anos 50 do século pasado pertencían por compra legal a este concello tras ser vendidas en 1947 polo conde de Gimonde, nobre compostelán, por 60.000 pesetas. A condición era que non saíran de Compostela, baixo multa de 400.000 pesetas da época. Pero trece anos despois foron regaladas ao entón Xefe do Estado, Francisco Franco.

Reconstrución do coro pétreo da Catedral de Santiago / galipedia.gal

Reconstrución do coro pétreo da Catedral de Santiago / galipedia.gal

Pezas do patrimonio público

Tanto o BNG como Compostela Aberta piden a súa restitución ao patrimonio público xa que din, eran esculturas que pertencían ao Concello de Santiago. Compostela Aberta anunciou que levará ao próximo pleno municipal unha moción para reclamar a recuperación destas dúas esculturas e sinalou que tamén estuda as vías xurídicas adecuadas para lograr que”volvan formar parte do patrimonio público de todos os composteláns”.

Compostela Aberta defende que as dúas esculturas non poden volver á Casa Cornide. Tamén o BNG pide que volvan ao concello. Por iso, medio cento de militantes desta formación, coa súa líder á cabeza, Ana Pontón, reclamaron este xoves ante o Museo da Catedral de Santiago a devolución das pezas.

Unha das esculturas do coro pétreo da catedral de Santiago, obra do taller do Mestre Mateo / Elixio Vieites

Unha das esculturas do coro pétreo da catedral de Santiago, obra do taller do Mestre Mateo / Elixio Vieites

Coincidindo coa súa cesión temporal para unha exposición sobre o Mestre Mateo, o Bloque decidiu activarse para impedir que este patrimonio volva a mans da familia Franco. Así que os nacionalistas tamén presentarán iniciativas tanto no Concello de Santiago como no Parlamento de Galicia para esixir que as estatuas de Abraham e Isaac volvan ser da cidade de Compostela.

Patrimonio perdido do mestre Mateo

Estas non son as únicas obras o gran mestre Mateo que están perdidas. Tal e como publicou este portal de historia, numerosísimas e riquísimas pezas do coro pétreo foron almacenadas sen moito xeito en distintas dependencias da catedral e, co tempo, foron desaparecendo, ben reutilizadas noutras estruturas da propia catedral, ou ben levadas por curas e particulares para adornar igrexas e vivendas.

Algunhas están en cruceiros e fontes do entorno rural de Santiago. Outras decoran fiestras ou espazos de pequenas igrexas e outraasforman parte do patrimonio privado de veciños e condes. Queres saber saber onde están as obras perdidas do mestre Mateo?. Le este artigo.

Pode que che interese...