Colexiata do Sar, en Santiago / Galipedia

O gran mosteiro románico de Santiago recupera o seu esplendor

A colexiata de Santa María a Real do Sar é un templo románico fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, no concello de Santiago de Compostela. É un fermoso edificio relixioso pero que ten un trazo que o fai singular entre todos os de Galicia; a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares, tal e como xa relatamos en HdG.

Esta fermosa obra románica, que tivo que ser reforzada no século XVIII cuns importantes e robustos contrafortes no exterior para evitar que o antigo mosteiro viñese abaixo, foi froito dun intenso proceso de restauración e saneamento nos paramentos interiores do claustro.

Claustro de Santa María de Sar, en Santiago, unha vez renovado / Consorcio de Santiago

Ata agora, os paramentos interiores do claustro estaban revocados cun morteiro de cemento desaxeitado e afectados por humidade de capilaridade, de xeito que a humidade penetraba de forma líquida nos cimentos dos muros por debaixo do nivel do chan. O muro absorbía esta humidade e os poros transportaban a auga por capilaridade ata arriba en sentido contrario á gravidade. Por riba do nivel do chan, a auga evaporábase e as sales cristalizaban e destruían a pintura e o soporte”, suliña a arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Lourdes

Humidades na Colexiata do Sar de Santiago / Consorcio de Santiago

As humidades desapareceron logo da restauración da Colexiata do Sar / Consorcio de Santiago

A Colexiata de Sar, cuxa fundación data da primeira metade do século XII, está catalogada como edificio singular no Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.

Protexéronse as pezas artísticas de cantería expostas no claustro

Antes de actuar sobre os paramentos interiores do claustro, retiráronse as pezas artísticas de cantería que había no mesmo, co fin de protexelas. Trátase de cornixas, doelas, tapas de sarcófago e capiteis; que estaban fixadas aos muros con garras metálicas bastante deterioradas. As pezas permanecen agora almacenadas nunha estancia na planta baixa do corpo claustral, adxacente ao museo e ao claustro, ata que se avance nun programa expositivo para a súa posta en valor.

Nesta intervención substituíuse a revocadura de cemento deteriorada por unha nova revocadura deshumidificante a base de cal que permite a evaporación rápida da auga contida nos muros húmidos. O acabado final é de pintura transpirable de silicato.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: