Illa de Tambo, na ría de Pontevedra / pontevedraviva.com

A illa de Tambo, un arquipélago “invadido por eucaliptos, mimosas e velutinas”

Por que a illa de Tambo non pertence ao Parque Nacional das Illas Altánticas?. Esta foi a pregunta que fixo este mércores a portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, na Cámara tras denunciar o seu total abandono por parte das institucións.

Por iso, reclamou hoxe a posta en marcha de medidas urxentes de recuperación ambiental deste arquipélago, no Concello de Poio, que permitan a súa incorporación ao Parque Nacional. Así, denunciou o “desleixo” do goberno galego á hora de recuperar este espazo, actualmente en propiedade do Ministerio de Defensa e que “se atopa invadido por eucaliptos, mimosas, avespas velutinas e visóns americanos, que teñen desprazado á fauna e flora autóctonas”.

Tamén criticou a falla de interese da Xunta de Galicia, que renunciou a participar das reunións da Comisión de Seguimento convocada polo Concello para buscar a vía para que deixe de pertencer a Defensa e pase a ser de uso público. Nestas xuntanzas participan, ademais da Corporación Municipal, os veciños e a Deputación de Pontevedra, sen que ata o momento teña asistido o goberno galego.

A deputada socialista, reclamoulle ao goberno galego que explique por que non quere asistir a estes encontros, por que non ten tomado medias de protección, mantemento e reconstrución da arquitectura coa que conta o enclave, entre elas unha capela do século XVIII, as ruínas dun lazareto do século XIX, restos de petróglifos, un faro dos anos 30 e unha comboa.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: