Ilustración sobre o suposto gobernador romano de Gran Bretaña, Quintus Lollius Urbicus

Polémica pola suposta orixe negra dun gobernador de Gran Bretaña na época romana

A historiadora británica Mary Beard, premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais de 2016, viuse envolta hai uns días nunha gran polémica no Reino Unido por afirmar que a “diversidade étnica” era común nas illas británicas na época do Imperio Romano.

A polémica comezou cando Beard defendeu un vídeo educativo da cadea pública BBC sobre os romanos na antiga Britania, no que un dos lexionarios de alto rango que aparece é negro, unha interpretación que a coñecida divulgadora do mundo clásico considera “bastante acertada“.

A divulgadora considera que o soldado negro de alto rango representado na BBC pode estar baseado en Quintus Lollius Urbicus, que chegou a ser gobernador de Britania, provincia romana en illa de Gran Bretaña, entre os anos 139 e 142 despois de Cristo. Lollius Urbicus naceu no territorio que na actualidade ocupa Alxeria e a súa tumba pódese visitar nas ruínas da antiga cidade de Tiddis.

A profesora Mary Beard / Ibetimes

Con todo, esta teoría non gustou entre algún sector dos británicos. Unhas críticas que aumentaron cando o ensaísta Nassim Nicholas Taleb, coñecido polo seu libro superventas “The Black Swan”, cargou as tintas contra a historiadora e o vídeo divulgativo sobre Britania. “A BBC estaba a aplicar cotas de maneira retroactiva (realmente retroactiva)”, escribiu no seu blogue o académico. Taleb criticou o que el considera a “policía do politicamente correcto” e sentenciou que “a academia está morta no Reino Unido”.

Desde a súa columna no suplemento literario de “The Times”, Beard pregúntase pola súa banda se quen negan a diversidade étnica neste país “leron algunha vez un libro” de historia sobre esa época.

Defensa desde Cambridge

Tal foi a polémica que a Universidade de Cambridge, onde é catedrática, expresou, segundo recolle a Axencia EFE, o seu respaldo oficial á historiadora, que denunciou nunha columna na revista “The Times Literary Supplement” que sufriu “ataques” e un “torrente de insultos agresivos” nas redes sociais.

Os expertos subliñan que esa diversidade sería máis notoria nos centros urbanos que nos ámbitos rurais e puntualiza que aínda existen “lagoas significativas” no coñecemento científico sobre a cuestión.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

  • Bradair

    Treman as montañas para parir un rato… Non temos amaño.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: