fbpx
Vista de Santiago desde o aire/ aularehabilitacion - WordPress.com

Queres ter axuda para rehabilitar a túa vivenda?

Tempo de lectura: < 1 min.

No marco do programa “Ter é manter”, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, o Consorcio de Santiago vai destinar un total de 150.000 euros.

Segundo informa este organismo, o prazo para presentarse a estas axudas remata o vindeiro 23 de outubro. A subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

No suposto de que sexa imprescindible a substitución da cubrición para mellorar o comportamento térmico do edificio, subvencionarase tamén o custo desta substitución. Ademais, con carácter especial, e co obxecto de fomentar a mellora das instalacións de pluviais da cidade histórica, subvencionarase o custo de substitución dos canlóns e baixantes de pluviais deteriorados, así como os gardacanos e a conexión da instalación á rede xeral.

As axudas inclúen os custos adicionais e indispensables para a realización das obras como a colocación de andamios, así como os honorarios profesionais de redacción da documentación técnica e dirección da obra.

Beneficiarios das axudas

Poderán beneficiarse destas axudas tanto as persoas físicas ou xurídicas, como unha agrupación de personas físicas ou xurídicas; propietarias, inquilinas ou aquelas que teñan algún dereito de uso sobre os inmobles. Tamén poderán ser beneficiarias as comunidades de propietarios.

Os inmobles deberán presentar condicións suficientes de seguridade estrutural e de estanquidade fronte á choiva. Deberán ter unha antigüidade superior aos 10 anos; e estar destinados a vivenda, como mínimo, os 2/3 da súa superficie útil, excluídas a planta baixa e as plantas soto.

Pode que che interese...