Cruz que desapareceu da rúa dos Pepes, en Vilalva / Patrimoniogalego

Rouban un cruceiriño do século XIX nunha rúa do centro de Vilalba

O Grupo Municipal Socialista levará no vindeiro pleno unha pregunta para pescudar sobre a desaparición dunha cruz de cantería sita na rúa dos Pepes, de Vilalba, e pedir as explicacións sobre o seu posible traslado voluntario ou, no seu caso, o seu roubo.

Cunha antigüidade que se remonta a finais do século XIX, está considerada como Ben Cultural, e malia non estar catalogada e a súa propiedade ser privada, conforma un elemento patrimonial público. “Preguntaremos sobre a súa desaparición porque como grupo municipal non temos noticias, e deberiamos ser coñecedores do sucedido coa cruz, porque aínda que os donos teñen a propiedade, non ostentan o dominio deste ben, que debe ser valorado e coidado por todos”, subliñou a voceira do PSOE, Elba Veleiro.

Segundo os socialistas, a cruz atopábase na fachada dunha vivenda deshabitada, e tras a súa desaparición, o goberno local non foi quen de saber o por que. “Non sabemos se houbo un cambio de ubicación consciente, para o cal faría falta o permiso previo de Patrimonio, ou se se produciu un roubo deste ben, coa correspondente denuncia”, explican.

O grupo socialista solicitará un informe técnico sobre as consecuencias urbanísticas froito de calquera das posibilidades que veñen de dilucidar, pois as posibles pretensións de realizar obras na contorna subsúmense ás consideracións da influenza deste ben patrimonial.

O cruceiro fora catalogado por patrimoniogalego. Sinalaba na súa descripción que era de “tipo cruz acaroado á fachada dunha casa. Consta dunha peaña aproada que sostén unha cruz octogonal con remates florenzados. A cruz presenta un bo estado de conservación”.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: