fbpx
Vista aérea do río Ulla, co Concello de Dodro na súa parte superior / googlemaps

Dodro celebra a súa II andaina “Pensa Nao”, baseada nunha novela

Tempo de lectura: < 1 min.

A vindeira fin de semana terá lugar a II Andaina “Pensa Nao”, un roteiro basado nunha novela de Anxo Angueira, gañadora do premio Xerais.

O envento terá lugar o sábado 7 de outubro, ás 10.00 horas dende o souto da aldea de Manselle, no concello de Dodro. O percorrido terá lugar polo roteiro que leva o nome da novela. É de tipo circular e ten unha lonxitude de 15,5 qm aproximadamente cunha dificultade media.

As inscripcións realizaranse no correo electrónico unidadevecinaldodro15@gmail.com indicando o nome e apelidos e o lugar de procedencia dos participantes. A inscrición terá un custe de 1 euro por participante para afrontar o pago do seguro de cada camiñante. O pago realizarase o propio día da andaina coa recollida do dorsal. Os socios da “Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro” poderán ir de balde ao ser os organizadores do evento.

Pode que che interese...