Un estudo de ADN tentará aclarar se Cristobal Colón era ou non era galego
A orixe de Colón xera un verdadeiro misterio ao seu ao redor xa que hai distintas teses, como a relativa á súa orixe mallorquina, galega, alcardeña (Guadalaxara) e mesmo dúas máis sobre a súa procedencia portuguesa e a súa vinculación á familia real lusa. Todas estas, ademais, da teoría italiana.
Pero agora, un estudo xenético tentará aclarar este misterio e “afrontar a análise definitiva” dos restos de Colón, o seu fillo e irmán ao cotexarlos cos restos dos seus posibles antepasados, segundo as distintas teorías.
O profesor José Antonio Lorente, director do Laboratorio de Xenética Forense da Universidade de Granada, será o encargadode facelo. Así, explicou que van estudar as mostras ao longo do ano e 2018 para tentar establecer algún dato que poida confirmar as diferentes hipóteses que hai sobre a orixe de Colón.
Cre que no ano 2018 concluirá o estudo que leva a cabo sobre a orixe de Cristóbal Colón e sobre a que falou nunha conferencia en Huelva sobre ‘Os últimos avances realizados e a estratexia de traballo futura para a identificación dos restos do Almirante Cristóbal Colón’.
Senon hai probas concluíntes, Colón será italiano
“En todas esas teorías temos mostras coas que facer unha comparación directa e nese sentido imos tentar traballar ao longo dos próximos meses para conseguir comprobar a súa orixe”, remarcou, antes de explicar que, se finalmente, ningún resto destas teorías coincide coa xenética dos restos de Colón, pois prevalecerá a italiana, aínda que lembrou que en Italia non hai restos de familiares directos aos que recorrer para facer o cotexo.
O traballo de Lorente e o seu equipo comezou en 2003, unha vez localizaron os restos de Colón; unha parte están soterrados na catedral de Sevilla e hai outros en República Dominicana, onde “non hai un esqueleto completo polo que todo leva a pensar que a metade están alí e logo trouxéronse aquí a outra metade”. Así, foi nesta primeira fase inicial do estudo cando puideron facerse con restos do almirante, o seu fillo e irmán que agora lles permitirán comparalos cos dos seus posibles familiares.
Colombo e Colom
Dentro do seu arduo traballo, entre os anos 2010 e 2012 tentaron establecer o tipo de cromosoma E das persoas co apelido ‘Colombo’ en Italia e ‘Colom’ na zona de Cataluña, Baleares e Valencia pero “as tecnoloxías non eran suficientemente potentes” para iso.
Así, contou que desde para poder establecer a orixe, de maneira que os promotores das distintas teorías son os encargados de pedir os permisos para as exhumacións que correspondan e así poder comparalos cos restos que no seu día exhumaron da catedral de Sevilla.