fbpx
Celebración do Días dos Morttos en México

México celebra en Galicia o Día de Mortos, unha tradición do século XV

Tempo de lectura: < 1 min.

A Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Autónoma do Estado de México (UAEM) celebran este luns 30 unha ofrenda polo Día de Mortos, unha tradición que en México vén do século XV, coa chegada dos españois, e que en 2003 a Unesco declarou como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Intanxible da Humanidade.

O acontecemento terá lugar ás 18.30 horas na Igrexa da Universidade, onde se colocará un altar con alimentos, bebida e obxectos simbólicos que escenifiquen a tradición e trasladen os asistentes desde Galicia a México, un país cunha forte identidade e grandes tradicións.

Os mexicanos aceptan a morte como parte dun proceso natural; unha visión que só pode ser explicada a través da historia do país e as súas antigas crenzas que prevalecen ata hoxe. A celebración do Día de Mortos varía de rexión a rexión, pero todos teñen un principio común: a familia reúnese para dar a benvida ás ánimas, colocar os altares e as ofrendas, visitar cemiterios e sentar á mesa para compartir os alimentos que, tras ser levantada a ofrenda, perderon o seu aroma e sabor xa que os defuntos levaron consigo a súa esencia.

En México fanse ofrendas para agasallar os falecidos e celebrar tanto o día 1 como o 2 de novembro a súa tradición máis emblemática. Este ano honraranse as vítimas dos terribles terremotos acaecidos o 7 e 19 de setembro. Ademais, instalarase unha pequena hucha para quen queira realizar donativos, que a través da UAEM se farán facer chegar ao país.

Pode que che interese...