fbpx
Monxes do Mosteiro de Oseira / Youtube

Os monxes volven ao mosteiro de Oseira

Tempo de lectura: < 1 min.

Os 14 monxes do mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense), volverán na tarde deste martes tras ser evacuados o domingo, tal e como publicou esta web,  ao convento de Ferreira de Pantón (Lugo) debido á vaga de incendios que afectou o municipio ourensán.

Así o confirmou o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares, que explicou que “todo ao redor” do mosteiro ardeu, pero non houbo que lamentar danos materiais. O traslado dos monxes decidiuse, segundo explicou o rexedor, posto que os lumes xeraron moito fume que se concentrou en Oseira debido á zona baixa na que se sitúa o mosteiro.

A provincia ourensá foi unha das máis afectadas pola onda de lumes xunto á de Pontevedra. Ademais, leva rexistrando incendios desde as últimas semanas en zonas como o parque natural do Xurés e o Macizo Central.

Pode que che interese...