fbpx
Granada da Guerra Civil atopada en Moaña / Garda Civil

Aparece unha granada da Guerra Civil oculta nun muro de pedra en Moaña

Tempo de lectura: < 1 min.

Os especialistas TEDAX do Servizo de Desactivación de Artefactos Explosivos da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra recolleron en Moaña unha granada de man da Guerra Civil española.

O artefacto fora localizado esta semana nun muro de pedra que circunda unha vivenda neste municipio pontevedrés, cando o seu propietario estaba a realizar labores de limpeza na leira e no inmoble.

Cando o dono da casa puxo o feito en coñecemento da Garda Civil, adoptáronse as primeiras medidas de prevención, acordoando a zona, e activouse de forma inmediata o protocolo de actuación por parte dos TEDAX para a neutralización e recollida do artefacto para a súa total destrución.

Os expertos confirmaron que se trataba dun granada tipo piña, con anel e en avanzado estado de oxidación, que pode ser de fabricación polaca e utilizada de xeito residual durante a Guerra Civil española.

Pode que che interese...