Petróglifo atopado en Sober, que fai o número 43 dos atopados no concello / Paula Verao

Atópase un importante petróglifo do Calcolítico-Bronce en Sober

Os apaixoados dos petróglifos, e os que non o son, teñen motivos para estar contentos. O pasado 5 de novembro, o socio do Colado do Vento, Ramón Sandoval, atopou unha nova peneda con insculturas rupestres na parroquia de Bolmente, do Concello de Sober.

Aínda pendente de que a visite un arqueólogo, a peneda contén o que supostamente son gravados rupestres do Calcolítico-Bronce, o que a converte na número 43 das localizadas no Concello de Sober, sendo un dos paneis máis interesantes deste municipio.

Ramón Sandoval ensinando o petróglifo número 43 atopado en Sober / Paula Verao

A pena atópase nunha pista entre os lugares do Cabanelo e Antuín, na parroquia de Bolmente, no Concello de Sober, nunha zona de monte e mato pouco transitada. Varios membros do Colado do Vento visitaron xa a zona para interesarse pola importancia deste achado.

Petróglifo atopado en Sober / Paula Verao

Coordenadas GPS

Hai uns meses, este colectivo anunciou a realización dun catálogo detallado dos petróglifos do municipio no que figure a situación exacta de todos eles, marcada mediante coordenadas GPS. A información deberá completarse cunha colección de fotografías e debuxos nos que se reproduzan estes gravados.

Os achados de petróglifos realizados pola asociación cultural non se limitan ao territorio de Sober. No veciño municipio de Pantón tamén levan localizado ata o momento 25 penedos con gravados rupestres que estaban anteriormente sen catalogar.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: