Destrozos na muralla de Lugo / youtube

Destrozan parte dun cubo da muralla de Lugo

Destrozos nun cubo da muralla de Lugo / Lugonovo

Un bo pedazo dun dos cubos da Muralla de Lugo, o situado entre a Porta de San Fernando e a Rúa Nova, resultou moi danado. De feito, unha boa parte desta estrutura milenaria e declarada Patrimonio da Humanidade atópase completamente desprendida.

Non sabemos se se trata dun destrozo accidental ou intencionado, se obedece a unha acción vandálica ou se está relacionado cunha intervención para a conservación da construción, de magnitude proporcionada ou non”, apuntan desde Lugo Novo. “En calquera caso, a imaxe alármanos profúndamente polo que faremos as xestións oportunas para indagar as causas que se agochan detrás desta desfeita, sobre a que, de ser preciso pediremos tamén responsabilidades”, advirtiu a súa portavoz, Cristina Pérez Herráiz.

Non é o primeiro ataque que sufre este monumento. Hai xusto un ano, a muralla tamén foi obxecto dun ataque. Tres mozos subiron á muralla e tiraron tres das pedras que protexían o pretil dun dos cubos, situado na contorna da sede da Xunta.

Os mozos, segundo explicaron testemuñas, actuaron de forma claramente premeditada, xa que subiron ao monumento, dirixíronse ao cubo, tiraron as pedras e liscaron berrando “puta España”, cu marcado acento estranxeiro.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

  • Carlos Rios

    Non están en obras os de Património na zona, din?

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: