fbpx
San Martiño da Cova / Soledad Felloza

Vive a nosa historia en fotografías no #DiadoPatrimonio

Tempo de lectura: 4 min.

Con motivo do #DiadoPatrimonio, Sole Felloza, actriz uruguaia que conta historias e contos de mundos e de patrimonios, Integrante da Comisión Coordinadora da Rede do Patrimonio Cultural (RPC), integrante de patrimoniogalego.net e directora do Festival de Narración Oral Atlántica, dános a súa particular visión do patrimonio galego en fotografías.

 

-Namorei desta terra para sempre o día que escoitei a señora Emérita, contar historias do lobo, mentres asaba castañas, que comimos con chourizo e viño.

Dende aquela, meus contos levan de fondo a melodía do chás chás do remexo das castañas, o lume e o fume dunhna mañá fría que trocou tébeda.

Fora as folerpas desdibuxaban as montañas. Dentro as palabras era inmensas.

Señora Emérita. Meixide.A Veiga / Soledad Felloza

-As primeiras pedras na miña vida galega, foron as da Raíña Lupa, no seu castro.  

E dende aquela, gusto de descubrir éste patrimonio que emerxe do medio dos toxos.

Gusto de pasar as máns polas pedras para ouvir do seu tempo.

 

Casa do Conde. Barbanza / Soledad Felloza

 

-Pedras que semellas mulleres deitadas ao sol.

-Unhas ollando ao mar…

 

Petroglifo de Mallou / Soledad Felloza

 

-Outras no medio do monte.

 

Moura de Villestro / Soledad Felloza

 

-Gusto deste patrimonio que agochado agarda as pegadas dos teimudos, que dan voltas e voltas ata que o atopan.

 

Sartegos de Pomar / Soledad Felloza

 

-Nada como ler nunha pedra as palabras, xestos, cerimonias de persoas que coma ti, subiron ao cumio e sentiron no peito a mesma emoción que sintes ao ver a inmensidade desta terra.

 

Pedra da Pía Esteiro / Soledad Felloza

 

-Unha terra inzada de xoias, algunhas señoriais nos grandes canons, outras pequeniñas  e discretas nunha aldea.

 

Igrexa de San Miguel de Moreira- A Estrada / Soledad Felloza

 

-Esta terra onde as pedras saben a viño ou viño sabe a pedra

 

San Martiño da Cova / Soledad Felloza

 

-Onde o mar graba veas salgadas polas que discurre o vento.

 

Dolmen de Areoso / Soledad Felloza

 

-Un patrimonio que berra por nós, que vive cando ti ollas para él.

 

-Cando afouteza daqueles que man con man son quén de refacelo.

 

Torre dos Mouros- Carnota

 

-Galicia ponse de festa cando cruzas a ponte da vida que vai as presas, e apazugas o aire e deixas que che falen as voces das mouras o das xacias.

 

Horreo na Pena Guímara / Soledad Felloza

 

-E paseniño pasas de un século a outro.

 

-Dun hórreo que salvagarda as colleitas …

 

Horreo na Pena Guímara / Soledad Felloza

 

…a un claustro que salvagardou unha vide de catrocentos anos.

 

Claustro da Igrexa de Camanzo

 

-Fagámonos vixilantes desta escritura sagrada de memorias.

Celebrar o patrimonio é celebrarnos, vivilo é vivirnos. Descoñecelo é a súa morte e a nosa.

 

Torre Norvaes- Quiroga / Soledad Felloza

Celebrar o patrimonio é celebrarnos, vivilo é vivirnos. Descoñecelo é a súa morte e a nosa.

Pode que che interese...