Pezas de arte africano / 20min

Lugo abre a única sala permanente e específica de Arte Africano en Galicia

O Museo Provincial de Lugo acaba de adicar a 1ª sala específica de Arte Africano en Galicia grazas a doación do coleccionista lucense Xoán Anllo. Conta con 102 pezas únicas e a súa visita será gratuíta.

A colección permanente que se pode visitar na Sala 29 do Museo Provincial ofrece 102 pezas. O contido da mostra estruturouse en cinco grandes bloques: mobiliario, regalías, máscaras, escultura e ourivaría. Destacan as máscaras, pezas empregadas fundamentalmente en tres tipos de celebracións ligadas á fertilidade, iniciación e morte. Hainas antropomorfas, zoomorfas, antropozoomorfas, que representan calidades como a nobreza, beleza ou coraxe.

Lara Méndez, Darío Campos e Xoán Anllo na sala aberta no Museo de Lugo sobre arte africana / Deputación de Lugo

O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, inauguraron este xoves esta sala permanente e específica de Arte Africana, que o Goberno da Deputación leva ao Museo Provincial grazas á doazón do coleccionista Xoán Anllo. Campos Conde subliñou que “é un privilexio contar no Museo Provincial de Lugo coa única sala permanente e específica en Galicia de Arte Africano”. Tamén agradeceu a Xoán Anllo por facer posible “que todos os lucenses poidamos ser partícipes dunha mostra de incalculable valor cultural”, indicou.

Pola súa banda, Lara Méndez amosouse orgullosa de que Lugo acolla a única exposición deste arte en Galicia, que enriquece ademais os fondos etnográficos da rede de museos cos que conta a cidade. Así mesmo, agradeceu a xenerosa doazón de Xoán Anllo “que tan interesante agasallo lle fai ao pobo de Lugo e aos miles de visitantes que recibe a cidade ano tras ano”.

Todos os interesados poden visitalas de xeito gratuíto. O horario para visitar a exposición é de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

Xoán Anllo

Xoán Anllo (Feira do Monte, Cospeito-1936) por razóns profesionais, xa que foi tradutor das Nacións Unidas, recompilou estas pezas nas súas viaxes por todo o mundo durante catro décadas. Nas súas numerosas estadías en África quedou fascinado pola arte deste continente, logrando conformar unha completa colección formada por máis de dous centenares de pezas.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

  • Bradair

    Da de Arte Celta “ya tal”… Recentemente fun cun amigo (andaluz) visitar o museo (facía unha década que non ía) e “nin papa” da civilización céltica de Galicia. O meu amigo non entendía nada (é profesor de Historia e alucinaba coas aras e estelas galaico-romanas). Qué fracaso de país!

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: