Hórreo queimándose durante os incendios do pasado outubro / salvemoselarabi.blogspot

Os 73 horreos que arderon nas Neves, algúns do século XVIII, e que a Xunta non recoñece

A terrible vaga de incendios que sufriu Galicia o pasado outubro, ademais de numerosos bens, e matrimonio histórico, entre castros, pazos, petróglifos ou castelos, tamén queimou numerosos horreos, nalgúns casos, elementos arquitectónicos importantísimos.

Hórreo queimado en Ourense na vaga de lumes de outubro de 2017 / FB O Sil

É o caso das Neves, un dos concellos máis afectados polos lumes onde arderon un total de 73 horreos, algúns deles do século XVIII, e a maior parte deles de máis de cen anos. Polo tanto, forman parte xa do patrimonio material deste concello.

Con todo, a Xunta negouse a recoñecer estas construccións no decreto de axudas após os lumes. Unha situación que pode provocar que moitos destes bens non sexan restaurados.

Por iso, o rexedor das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, criticou duramente esta medida. En declaracións a Historia de Galicia denunciou que a Xunta equipare agora estes bens como “cubertas de uralita” e sen posibilidade de ser subvencionada a súa restaruación. “É unha vergoña que non sexan recoñecidos como patrimonio histórico do concello porque agora moitos deles, algúns deles de varios centos de anos, quedarán probablemente sen restaurar”, laiouse.

Esta mesma semana a directora xeral de Patrimonio Cultural aseguraba que o seu departamento só tiña constancia dun petróglifo afectado polos incendios. Lectores do HdG informaron de que hai conxuntos afectados, cando menos, en Amoiro, Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Val Miñor

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: