fbpx
Petróglifos de Outeiro do Mar, en Moscoso (Pazos de Borbén) totalmente afectados polos incendios de outubro de 2017 / Vicky

Os lumes si afectaron aos petróglifos: Toda unha estación queimada en Moscoso (Pazos de Borben)

Tempo de lectura: 2 min.

Petŕoglifos de Outeiro do Mar, en Pazos de Borbén, moi afectados polos incendios de 2017 / Vicky

A Xunta anunciou que só un petróglifo foi afectado pola vaga de lumes, pero nos últimos días foron varios os lectores que nos foron achegando documentación que indica todo o contrario e que serían moitas máis as estacións de arte rupestre moi afectadas pola vaga de incendios de outubro.

Así, Vicky remitiunos varis fotos de como quedaron os petróglifos do Outeiro do Mar, en Moscoso, Pazos de Borbén, un dos concellos máis tocados polos incendios. Como se poden ver nas imaxes enviadas, as insculturas resultaron afectadas e a pedra da estación rupestre mesmo escachou nalgúns puntos.

A estación de Outeiro do Mar, en Moscoso, Pazos do Borbén, antes de queimarse / megaliticia.blogspot

A mesma lectora apunta que hai outros petŕoglifos pretos desta estación, os da Casa da Rapadoira e os de Xampardiño, pero que non se puido achegar aínda a comprobar o seu estado, aínda que teme que tamén estean moi afectados.

Os petróglifos do Outeiro do Mar son da Edade do Bronce e están xa catalogados. Esta estación componse de varias laxes na que podemos ver círculos, coviñas, cruces e liñas figurativas indeterminadas.

Petrǵlifos de Outeiro do Mar, en Moscoso, Pazos de Borben, queimados en 2017 / Vicky

Tal e como recolleu o divulgador Óscar Franco na web patrimoniogalego.net o acceso a estes petróglifos realízase por medio dos restos dun antigo camiño enlousado. Na contorna existen restos dunha posible edificación que segundo algúns autores falan da existencia dunha pequena fortaleza ou torre de vixilancia.

Pode que che interese...