fbpx
Escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego, obra de Domingo de Andrade / Consorcio de Santiago

Os museos tamén son arte

Tempo de lectura: 2 min.

Concebir unha nova museoloxía, accesible non só nas características especiais, senón tamén nas arquitecturas do pensamento que envolven os procesos creativos e redefinen o concepto da arte. Este é o obxectivo do Encuentro Transfronterizo de Museos y Accesibilidad, que pretende achegar aos museos no ámbito da idea da alteridade proposta por Lévinas ou alter museoloxía de Pierre Mayard e desenvolta, entre outros, por Ortega.

Dentro desta xuntanza, que este ano celebra a súa sexta edición, Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, presenta en Mértola (Portugal) o proxecto “Accesibilidad Universal ALTERIDAD MUSEOLOGICA”, en representación do grupo de traballo e investigación en rede. Este grupo está formado, ademais da propia Encarna, por Victor Fraga, APCA (Asociación penitenciaria Concepción Arenal); Isidro López-Aparicio Pérez, Universidad de Granada; Maria Angelez López, Universidad Complutense; Dulima Hernández, Institución Universitaria del Valle Cali; Ana Lucía Llano, Museo La Tertulia de Cali e Maria Victoria Martinez UNED Coruña.

Este encontro está organizado pola Asociación de Museólogos y Museógrafos de Andalucía (AMMA), a Associação Portuguesa de Museologia (APOM) e a asociación Acesso Cultura. A idea destes encontros nace no ano 2012 e teñen por obxectivo facer o Patrimonio máis accesibe á sociedade, facilitar o consumo cultural e promover as relacións entre profesionais do sector.

“Nos novos museos, innovar xa non é só crear individualmente da nada algo, para amosar a un público determinado; senón que máis ben consite en xerar patrimonio con otrxs, valorizando cada proceso creativo conxunto, en lugar e no intre preciso da súa creación, de tal xeito que a arte de texer entre todxs, o fío invisible da comunidade, sexa o que realmente una e dé forma á cultura de xestionar un museo”, apuntan desde o Museo de Lugo. Así, aclara que na nova dinámica museística é importante dialogar “para xerar lugares de sabeduría compartida, e por iso cómpre crear linguaxes accesibles a todxs”.

Pode que che interese...