fbpx
Estado das pinturas murais de San Vizenzo dos Vilares en distintos anos

Piden a declaración de BIC para os frescos renacentitas dos Vilares (Guitiriz) polo seu lamentable estado de conservación

Tempo de lectura: 2 min.

A Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños dos Vilares e o párroco de Labrada, Luis Ángel Rodríguez Patiño, anunciaron que levarán a cabo diversas iniciativas para reclamar a urxente restauración das pinturas murais renacentistas da que xa deu conta a web de Historia de Galicia.

Despois de varios anos de reclamacións, entrevistas, informes e visitas de autoridades para a recuperación destas importantes pinturas dos séculos XV e XVI sin resultados positivos, a alarma do deterioro dos mesmos obrigan, din, a chamar a atención sobre o perigo da perda definitiva duns frescos con mais de 500 anos de antigüidade. “As humidades, o desconchado das paredes, a falta de mantemento e consolidación destas obras artísticas levan a unha degradación ano tras ano que vai camiño de facerse definitiva e irrecuperável si non se actúa con urxencia”, sinalan.
É por isto que as dúas parroquias ,despois de varias conversas entre o párroco de Labrada e o presidente da Lareira de soños, decidiron emprender accións conxuntas para apremiar ás institucións na salvación destes murais e a súa posterior declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).

Detalle dos frescos de San Vizenzo dos Vilares

Parlamento

Por outra banda, a situación de abandono dos frescos acaba de chegar ao Parlamento galego a través dunha iniciativa do BNG. Na iniciativa do grupo nacionalista, que se debaterá na Comisión de Cultura, incidese no perigo de que a perda dos murais sexa irreversíbel si non se actúa con urxencia e preguntaselle a Xunta que ten pensado facer para actuar e recuperar estas obras de artesanais

A Igrexa dos Vilares conforma un conxunto único cos seus retablos dos séculos XVII e XVIII, o sartego e o calvario e unha romaría dos desamparados emblemática en todo a Terra Chá e alén de Montouto. Trátase dun conxunto de grande interese na iconografía relixiosa, o patrimonio histórico e un ben turístico a preservar e potenciar.

A Asociación Sociocultural Lareira de soños leva anos pedindo a intervención neste monumento. “As pinturas, son un valioso ben patrimonial de difícil recuperación cando acadan un alto grado de deterioro, un camiño que emprenderon xa as dos Vilares”, apunta.

Pode que che interese...