Castro de Chandebrito | Foto 1.1 Fotografia
Castro de Chandebrito | Foto 1.1 Fotografia

A Xunta autoriza unha actuación urxente no castro de Chandebrito para evitar corrementos de terra

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, autorizou a intervención urxente na contorna do Castro de Chandebrito, na parroquia de San Xosé de Chandebrito (Nigrán). Un castro que quedou arrasado durante a vaga de lumes de outubro, tal e como xa informou esta web.

En menos de tres horas, logo de ter coñecemento da urxencia da actuación, a Xunta informou favorablemente á solicitude da Comunidade de Montes de Man Común de Chandebrito, que xustificou a intervención no perímetro do castro debido ao risco de desprendemento de varias rochas situadas nas abas sur e norte do monte onde se localiza o xacemento arqueolóxico.

A Xefatura Territorial de Patrimonio en Pontevedra cataloga as obras de escasa entidade e, en consecuencia, considera que non hai inconveniente para a realización das actuacións que se poidan executar. Ademais, fai mención ao carácter urxente da intervención.

Castro de Chandebrito / Miguel Núñez

Evitar afectar ao xacemento

Non obstante, na resolución recorda que deberanse tomar certas medidas de precaución para non afectar ao xacemento arqueolóxico, entre as que cita evitar movementos de terras ou modificacións da rasante natural do terreo. Por último, indica que cómpre comunicar ao Servizo de Patrimonio as medida ou características das actuacións finalmente establecidas.

A solicitude da Comunidade de Montes de Man Común de Chandebrito tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta ás 12.34 horas deste venres e a resolución de Patrimonio autorizando a intervención foille comunicada mediante correo electrónico as 15.11 horas.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: