fbpx
Petróglifo queimado no Coto da Cidade, en Pontecaldelas / Pablo Eirín- Patrimonio Galego

A Xunta reduce os danos por mor dos incendios de outubro a só un petróglifo… por agora

Tempo de lectura: 2 min.

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, sostivo este xoves que só un entre a decena de petróglifos analizados polos técnicos de cultura sufriu danos por mor dos incendios que arrasaron Galicia o pasado mes de outubro.

“Un conxunto destacable integrado por varias rochas si presenta afectación no gravado e desprendementos na rocha por culpa das altas temperaturas”, dixo sen apuntar de que estación estaba falando.

Está en observación“, manifestou, mentres sinalou que polo momento foron supervisados por técnicos algo máis dunha decena de xacementos. En concreto, apuntou que estes bens non sufriron danos significativos a pesar de que a súa contorna está “totalmente queimada”.

Afectación no Val Miñor

Con todo, requiriu información de concellos e asociacións para seguir coas comprobacións. Segundo información chegadas á redacción de HdG habería máis dun petróglifo afectado en Galicia pola vaga de lumes. No Val Miñor, un dos lugares nos que máis impacto tiveron os lumes, “hai varios conxuntos tocados”, apuntan fontes consultadas. De feito o Instituto de Estudos Miñoranos está realizando un estudo das insculturas afectadas.

Estación afectada en Nigrán

Tamén en Pontecaldelas, Amoedo e Pazos do Borbén houbo vario petróglifos danados, segundo información chegada a esta redacción, mesmo con fotos.

Petróglifo afectado en Pontecaldelas / Pablo Eirín – Patrimonio Galego

Pola súa banda, nesa mesma comisión a deputada do BNG Olalla Rodil, que levou o tema á Cámara, propuxo cruzar os datos do territorio queimado cos do patrimonio existente. Así mesmo, reclamou que se destinen máis recursos para protexelo, ao que a directora xeral admitiu que a limpeza do monte “é fundamental”. Así, suliñou que nas zonas onde se interveu en vésperas dos incendios, os danos foron “case inexistentes”.

Pode que che interese...