fbpx
Solsticio de inverno no petróglifo do Meau / A Rula

Coñece como é unha aliñación arqueostronómica no solsticio de inverno

Tempo de lectura: < 1 min.

Imaxes do solsticio de inverno no petróglifo da Raíña, en Teo/ A Rula

O colectivo A Rula realizou un interesante vídeo e reportaxe fotográfico dunha aliñación arqueoastronómica no solsticio de inverno entre os outeiros do Meau e o Outeiro do Ledo na área arqueolóxica do Monte Piquiño no Concello de Teo.

Así, dende o Petróglifo do Meau puidose contemplar a saída do sol xusto por riba da peneda do petróglifo do Trono da Raíña situado na cima do outeiro do Ledo. O sol semella despois ir subindo pouco a pouco polo outeiro. Á vez os raios de sol van acariñando e iluminado as dúas combinacións de círculos concéntricos do petróglifo do Meau, dispostos nun panel inclinado que recibe a luz nunha proxección case diagonal.

“Trátase dun evento astronómico que só podemos observar nestas datas do ano e que foi localizado e está a ser investigado polo especialista da Rula neste campo, Antón Bouzas”, apunta este colectivo no seu blogue.

Vandalismo no petróglifo do Meau

Por outra banda, dan conta dos danos atopados no petróglifo do Meau. “Alguén procedeu a eliminar os musgos onde se sitúan os gravados puidendo provocar graves alteracións que poñen en risco a boa conservación dos gravados”, alerta.

Así, lembra que hai que evitar exercer calquera tipo de forza mecánica sobre a superficie onde se conservan os gravados que poida alterar definitivamente a pátina conformada ó longo do tempo.

Pode que che interese...