fbpx
Dolmen de Dombate / turismo.gal

O Dolmen de Dombate, considerado a catedral do megalitismo galego, convertido nunha “caseta de feira”

Tempo de lectura: < 1 min.

O Dolmen de Dombate, a “catedral” do megalitismo galego, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1978, volve ser obxecto dunha petición de protección ante “a cadea de despropósitos que dende a Deputación da Coruña se veñen autorizando ao Concello de Cabana”.

É a denuncia que fai a Plataforma Salvemos Cabana que critica que “na práctica se está convertendo o centro arqueolóxico nunha “auténtica caseta de feira na que a miúdo se realizan todo tipo de actividades que en absoluto gardan relación co contexto prehistórico do monumento”.

Para esta plataforma, estas actuacións na contorna de tan prezado monumento megalítico “confirman unha vez máis cal é a liña marcada por José Muiño [alcalde do PP] e o seu asesor de Cultura, José Mª Varela, que están a “reducir ao absurdo o que debería ser monumento de referencia do megalitismo galego co beneplácito do deputado provincial da área de Contratación, Patrimonio e Equipamentos Xesús Soto (BNG)”, critican abertamente. Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...