fbpx
Oliveiras centenarias da Igrexa de Ponte Ledesma / Natalí González

A fermosa historia da oliveira da raza “Brava Galega” que en 1733 foi plantada na igrexa de Ponte Ledesma

Tempo de lectura: 2 min.

Por Natalí González Cacho, da Asociación de Amigos da ponte de Ponte Ledesma

Sabemos que antano houbo grandes plantacións de oliveiras en Galicia introducidas na nosa terra polos romanos. Así o reflexan tamén as cantigas de Santa María de Alfonso X cuio texto, de mediados do século XIII di “E irei pola Mariña (suponse que de Lugo) vendendo aceite e fariña).

Por desgraza os reises Católicos ordenaron arrincar as oliveiras en Galicia deixando so unha en cada lugar para que producisen aceite para as lámpadas. Din uns que o fixeron en vinganza pola revolta irmandiña, din outros que para darlle a exclusividade da producción de aceite ás recén conquistadas zonas do sur da península, o certo foi que moi poucas se salvaron e as que o fixeron sufriron mais tarde a carga de impostos cos que as castigou o “Conde Duque de Olivares” para beneficiar así a producción que el mesmo tiña en terras Sevillanas.

Sen embargo algunhas conseguiron sobrevivir nas zonas de de Quiroga, e precisamente estes productores de aceite de Quiroga foron os que nos deixaron un precioso agasallo en Ponte Ledesma (Concello de Boqueixón). A ponte de Ponte Ledesma formaba parte de unha importante ruta comercial que unía terras de Lugo e Ourense con Santiago de Compostela e era moi usada polos comerciantes que transitaban coas suas mercadorías.

Din os maiores da nosa zona que as dúas oliveiras centenarias que están a carón da Igrexa de Ponte Ledesma nos foron agasalladas polos productores de aceite da zona de Quiroga cando a igrexa se rematou de construir aló polo 1735. Os comerciantes de Quiroga cruzaban o Ulla en Ponte Ledesma para levar o seu ouro líquido cara Compostela e tamén cara a Coruña para embarcalo no que se chamaba “A Ruta do Atlántico”.

Oliveiras e campanario da Igrexa de Ponte Ledesma / Natalí González

Como resultado de este fermoso xesto das xentes de Quiroga temos hoxe en día en Ponte Ledesma, a carón da igrexa, 2 fermosos exemplares de oliveiras da raza “Brava Galega” cuia envergadura (os seus troncos miden aproximadamente 250cm de diámetro) e caste as fan prácticamente únicas en Galicia.

O segredo do campanario

Merece tamén unha mención especial o campanario da igrexa de Ponte Ledesma pois ten un pequeno detalle que nos fai sospeitar que puido ser obra o arquitecto mais relevante do barroco galego, Simón Rodriguez. Unha das obras mais destacadas e alabadas deste mestre é a fachada do convento de Santa Clara, un desafío á estética e ás normas de construcción do momento, que está rematada central e lateralmente por tres insólitos cilindros de pedra que lle dan un indudable aire de modernidade á fachada, case de sensibilidade cubista. Pois curiosamente o campanario da Igrexa de Ponte Ledesma tamén remata nun cilindro de pedra cousa que non sucede en ningún dos campanarios das igrexas da contorna (nin en ningunha outra que nos viramos en Galicia a excepción da de Santa Clara) . ¿Estivo Simón Rodriguez ou algún dos seus discípulos implicados na Igrexa de Ponte Ledesma?….. Puido ser.

Pode que che interese...