fbpx
Ferrol e a súa ría / Latimons.wordpress.com

Ferrol compite coas Cíes e a Ribeira Sacra para ser tamén Patrimonio da Humanidade

Tempo de lectura: 2 min.

Ferrol ven de pechar o informe do expediente co que aspira a ser candidata a Patrimonio da Humanidade no 2019. Unha candidatura que se une as outras dúas que existen en Galicia; Illas Cíes-Parque das illas Atlánticas e Ribeira Sacara.

O documento, de 300 páxinas, pretende que Ferrol sexa o quinto elemento galego que acadase esta consideración da Unesco, que, segundo o concello, “multiplicaría por cinco as potencialidades turísticas, garante achegas das administración para a conservación e coidado do patrimonio e que, no inmaterial, sería, sen dúbida, unha potente inxección para a autoestima da cidade”.

Este distintivo facilitaría un incremento do número de visitantes á cidade multiplicándose por cinco aproximadamente, segundo varios estudos, e situaría a Ferrol no mapa internacional de bens e patrimonio cultural. Ademais a cidade gañarían a protección, vixilancia e conservación do seu legado arquitectónico e histórico, posto que a normativa de aplicación de UNESCO é moi estrita e de obrigado cumprimento.

Tapias do castelo de San Felipe, en Ferrol, onde foron asasinados numerosos antifranquistas durante a Guerra Civil / panoramino.com

Agardando desde 2007

Ferrol figura desde o 2007 na Lista Indicativa e aspira, neste mandato, a dar o gran paso de se converter no quinto ben cultural galego que recibe este recoñecemento internacional, o que situaría a cidade de Ferrol no mapa internacional de bens e patrimonio cultural. “Hoxe estamos a dar un gran paso adiante no camiño de Ferrol a Patrimonio da Humanidade, coa presentación do informe ao expediente da candidatura da nosa cidade ante a Unesco que será entregado en datas vindeiras na Dirección Xeral da Xunta de Galicia, ante as autoridades competentes”, expuxo este martes, Jorge Suárez, durante a presentación do documento.

Xa no mes de xuño se avanzara o inicio deste informe co obxecto, precisamente, de dar os pasos adiante necesarios para percorrer con éxito o camiño de elevar a cidade de Ferrol ao Patrimonio da Humanidade. “¿Que se tiña feito ate o momento nos anos anteriores? Pois unha serie de catálogos e inventarios culturais, ben documentados pero inconexos e deslabazados que había que tecer para dar forma a este informe que e a peza clave que abre o expediente, e no que se fixan, fundamentalmente, no comité de expertos da Unesco”, resumía o rexedor.

Pero, segundo o alcaldes, seis meses despois, o informe está completo e rematado para da coa presentación deste novo novo informe de candidatura que postulará definitivamente a cidade naval como Patrimonio Mundial da UNESCO. “Sería un revulsivo para a propia autoestima desta cidade, que daría un xiro económico e un reforzo da idea de Ferrol como unha cidade que cree en si mesma, no seu patrimonio e na súa historia, e xa estamos mais avanzados que outras candidaturas cara esa meta do 2019, sobre as que prepara Illas Atlánticas e a Ribeira Sacra”, dixo.

Pode que che interese...