Muralla Romana de Lugo / panoramio.com

Pódese conservar o patrimonio con iluminación pública?

É posible conservar o patrimonio utilizando a iluminación pública?. Precisamente, unha xornada revisará as novas perspectivas para a conservación patrimonial a través da iluminación pública. Con acceso libre ata completar aforo é unha sesión que se celebrará no Salón de Graos da Facultade de Farmacia o vindeiro 20 de decembro,  organizada polo proxecto Light4Heritage, estratexias baseadas na iluminación para o control da colonización biolóxica no patrimonio construído.

Caracterización das luces, montaxes e estudo do sistema de iluminación no proxecto Light4Heritage é o tema co que Justo Arines, do grupo Photonics da USC, iniciará a quenda de intervencións a partir das 9.30 horas logo da presentación da xornada que realizará Patricia Sanmartín, investigadora principal do proxecto. Deseguido, Rafael Carballeira, do Centro de Investigación Científicas Avanzadas da UDC, tratará o efecto da luz sobre os microorganismos aplicado ao proxecto Light4Heritage e Javier Cancelo-González, do grupo GEMAP-USC, falará sobre a aplicación de técnicas non invasivas para a monitoraxe de resultados do mesmo proxecto.

A partir das 11.45 horas, o asesor no Concello de Santiago Javier Vázquez presentará os proxectos actuais e oportunidades por medio de compra pública innovadora (CPI) no Concello compostelá en materia de alumeado público, mentres que o enxeñeiro de Ferrovial Servicios Álvaro Piñeiro tomará a palabra co relatorio ‘Propostas presentes e perspectivas de futuro na iluminación pública’. A xornada rematará coa celebración dun debate sobre as cuestións tratadas.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: