fbpx
Guión do antigo Reino de Galicia nunha pintura da época de Carlos V

O Tribunal Supremo antepón as peculiaridades dos reinos peninsulares á existencia xurídica de España

Tempo de lectura: < 1 min.

España non naceu cos reis católicos. De feito, o que se coñece como Reino de España é unha invención moderna xa que ata o século XIX, o que hoxe é o Estado español estaba dividido, aínda, en numerosos reinos e condados. Deste xeito, o reino de Galicia existiu xurídica e políticamente ata o século XIX.

Así o acaba de ditaminar o Tribunal Supremo nunha sentencia ao suliñar que Felipe II actuaba como rei de Castela e da Coroa de Aragón por separado, algo que seguiu ocorrendo despois, coa chegada dos Borbóns. A firma do Duque de Anjou, primeiro Borbón, nunca incluíu a palabra “España”, que tampouco figurou nunca nas rúbricas dos reis da casa de Austria nin tampouco nas dos Reis Católicos. De feito, o primeiro Borbón titulábase monarca de 24 reinos, entre eles, o de Galicia.

Descrición do Reino de Galizia de Hernando de Ojea (1603) / Duvi

Por iso, ata ben entrado o XIX, coa fin da monarquía absolutista, os reinos peninsulares seguían mantendo o seu estatus xurídico-político, ante “España”, unha realidade política e territorial nova. Así, ademais de Galicia, estaban coroas con maiores ou menores doses de autonomía, como León, Navarra, Granada, Toledo, Valencia, Mallorca, Menorca, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, Canarias, Alxeciras e, tamén, os territorios de Córsega, Sardeña e as Dúas Sicilias, formado pola illa e por Nápoles. Podes ler a noticia no xornal Galicia Confidencial.

Pode que che interese...