fbpx
Libros antigos nun arquivo / foto CC0

Atopan un novo plano no arquivo da catedral fundamental para entender a fin do barroco en Santiago

Tempo de lectura: 3 min.

“Fabricar un arco con sus cepas, según se demuestra en el plano por plantado y alzado, y sobre él la correspondiente pared con sus dos canales de cantería en distancia de unas siente varas de largo para una y otra casa, dejándole com prefeción todo ello, con adelantaciones para las fachadas, dejando unidos los posteados de ellas y vien caleados por lo esterior e ynterior“.

Esta é, segundo o achado no arquivo, a finalidade deste documento do famoso arquitecto barroco Clemente Fernández Sarela, autor da Casa do Cabido ou da torre da Igrexa de Caaveiro, atopado nos últimos días no arquivo da catedral. Nel recóllense as trazas, planta e seccións, dun edificio de arquitectura civil entre medianeiras para a rúa Nova da cidade de Santiago de Compostela, para unha vivenda nomeada como a casa da Estafeta. Esta habería de situarse, segundo parece, entre os actuais números 31 e 33 desta rúa, e aparentemente, nada se conserva dela.

Casa da Estafeta, Clemente Fernández Sarela / catedraldesantiago.es

O manuscrito, asinado polo arquitecto, e datado en 24 da agosto de 1763,  tan so un par de anos antes da morte de este, é localizado nun documento con signatura 125/4 no arquivo da catedral, nunha sección de expedientes de arranxo de vivendas. O descubrimento apareceu publicado o pasado día 18 de de xaneiro na revista Galicia Histórica. Hoja de Historia y documentos compostelanos, que é a  publicación mensual do arquivo catedralicio. O autor do achado foi Arturo Iglesias Ortega, responsable deste arquivo, quen na publicación fai unha rigorosa interpretación do atopado.

Segundo Iglesias o plano, dobrado e en moi bo estado de conservación, tería uns 40 x 30 cm e estaría feito en pluma a varias tintas. Na parte inferior esquerda, entre motivos arrocallados, aparece a seguinte lenda:

“Demostración del preciso arco, que se debe hazer en la Rúa Nueba, y es el que media según su plantado una casa del Ylustrísimo Cavildo, donde se alla la Estafeta, y del señor Rector de Salomé, que según el plano no necesita de más explicación, el que presenta a los Ylustres de la Contaduría su rendido sierbo: Sarela”.

Un documento clave para interpretar o final do barroco na cidade

Segundo se recolle, aparece un informe dirixido por Sarela ós Deán e Cabido catedralicio, por mor dunha visita por orde da corredoría catedralicia á vivenda nomeada da Estafeta. Nela recomenda a construción dunha medianeira e un arco da casa en favor da habitabilidade. Xunto a este informe aparece o plano, unha coidada traza de planta e alzado lateral, coa ampla lenda entre motivos arrocallados, detalles do alzado e data e sinatura do arquitecto. Con este, aparece outro informe, con data de 26 de febrero de 1764, do seu sucesor Lucas Ferro Caaveiro, que describe o construído trala súa propia inspección.

O proxectado por Sarela semella un edificio entre medianeiras cun arco sobre a rúa Nova soportado por unha columna dobre que mostra a tradicional decoración de placas do autor á altura do que sería o capitel. Destaca ademais a ampla cornixa e o xogo de dúas dúas gárgolas cilíndricas que na traza aparecen recreadas botando abundante auga á rúa. Baixo ela aparece unha lenda coa descrición dos elementos. A traza presenta, ademais, o que podería considerarse un certo achegamento ó neoclasicismo, faceta para a que este plano podería ser reveladora. Sen embargo segundo recolle o segundo informe, este non habería ser construído tal e como aparece debuxado.

el arco del soportal se abían de eligir en quadrado, pero dicho Sarela alteró el contrato y las eligió obliquas o enbiajadas (cuia mudanza fue boluntaria y sin necesidad), y, como a poco tiempo hubiese abandonado la obra, el oficial que prosigió con ella, o por no atreberse a fabricar dicho arco enbiajado o por parecerle más costoso, lo redujo a quadrado, causando con esta alteración bastantte diformidad”

Así o documento semella recoller un momento de transición entre o último barroco compostelán e o primeiro neoclásico en obra civil, coincidindo cun momento importante para o tránsito entre estilos, xa que, como recorda Arturo Iglesias, é en 1764, co proxecto para a Acibechería, cando se data o momento clave para o tránsito entre ambos, e ,por tanto, para o final do barroco compostelán. Así, é este un documento no que, baixo a construción dunha única obra, aparecen dous informes con ideas xa diferentes, a do propio Sarela, último arquitecto barroco en Santiago, e Ferro Caaveiro, primeiro entre os do neoclasicismo.

 

Casa do Cabido en Santiago, Clemente Fernández Sarela / Galipedia

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...