fbpx
Vista de Castro Candaz, parcialmente asolagado polas augas do encoiro de Belesar / twitter @KrisPereiras

Cando a chuvia é cousa de Deus: As cerimonias relixiosas para pedir auga en Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

Galicia é o país da auga e dos mil ríos pero o 2017 foi un dos máis secos que se lembran. Non é a primeira vez que o país sofre secas e, por iso, na cultura . Un auga que comeza a escasear tamén en Galicia,  a pesar de ser o país do mil ríos. E non é a primeira vez que pasa, nunha sociedade que vivivíu e vive, precisamente, desa auga, tan necesario no campo galego. Por iso existen exemplos aínda vivos destas cerimonias, como o denominado ‘Clamor’ de Vilariño (Agolada) a Bermés (Lalín), na comarca do Deza, na provincia pontevedresa.

José Ángel López, profesor da USC, explica nun breve artigo sobre este novenario de 14 quilómetros que “cando hai necesidade de pedir bo tempo celébrase en Vilariño, que está situado ao norte e ofrece mellor garantía de sol, mentres que se se pide auga celébrase en Bermés, situada ao sur, á beira do –monte– Carrio, onde as precipitacións chegan durante o inverno traídas polas brisas do norte”.

Este texto, que o profesor Camilo Fernández coñeceu a través de José Ramón Pérez, recolle que a duración establecida nun primeiro momento, de cinco, sete ou nove domingos, pódese alterar “acurtándoa ou prolongándoa”. A tradición di que as imaxes destas dúas parroquias son irmás, ademais das únicas das 24 que forman a confraría do Clamor que teñen como patroa a Nosa Señora.

Vista aérea do río Ulla, co Concello de Dodro na súa parte superior / googlemaps

Precisamente, o docente da USC asistiu ao Clamor en 2015 para solicitar que chovese, e lembra como descargou un “temporal de choiva” no transcurso da procesión, na que comezan sendo as mulleres as que cargan a imaxe aos ombreiros, entre fogos de artificio, repiques de campás, cánticos e versos á virxe.

Outras romarías da auga

Pero no pasado era frecuente e recorrente que os crentes rezasen a un intercesor fronte ás inclemencias: a santa Susana e á virxe do Rosario en Santiago, á da O en Pontevedra, a Nosa Señora dos Remedios en Mondoñedo e á virxe de Reza en Ourense, por exemplo.

Aínda que se remontan á Idade Media, as rogativas, rexistradas nas actas capitulares dos cabildos ou nas consistoriais dos concellos, son útiles para a reconstrución das fases climáticas máis ou menos chuviosas a partir do século XVII, segundo expón Camilo Fernández.

Nalgúns lugares como Pontevedra lograba imporse unha figura –a patroa–, mentres que noutros como en Santiago convivían varias, entre elas a virxe do Portal. De 1675 a 1715 produciuse unha “importante” caída das temperaturas, con aumento de precipitacións, incluídas as de neve. O comercio do xeo deixou a súa pegada nas dependencias de debaixo do claustro da Catedral compostelá, sen ir máis lonxe.

Cara a finais de 1780, este historiador constata un “certo cansazo” e desafección, que se traduce nunha participación nas rogativas non “tan fluída e intensa” como con anterioridade. Por razóns de tipo financeiro, xa que supuñan un desembolso para os gremios, e tamén debido ao paso do absolutismo ao liberalismo, coa chegada de ideas anticlericais, sobre todo nas urbes, e “non tanto” no mundo rural. Podes ver a reportaxe completa no xornal Galicia Confidencial.

Pode que che interese...