Interior da biblioteca de Vedra

Denuncian un contrato a dedo para organizar o arquivo de Vedra por 7.500 euros ao mes

A oposición do Concello de Vedra ve indicios de prevaricación na contratación por parte do concello dunha persoas que cobrou máis de 7.500 euros por un traballo realizado nun mes e cinco días e que consistía en organizar e dixitalizar parte do patrimonio deste municipio. Considera “excesiva” esa suma e denuncia irregularedades na adxudicación dun contrato negociado sen publicidade e a posible comisión dun delito de prevaricación e falsidade documental.

Foi a comezos do 2016 cando o concelleiro de Cultura de Vedra, Enrique Vázquez Martínez (PPdeG), solicitou unha subvención á Consellería de Cultura para a organización do arquivo municipal. E no proxecto para a realización dese traballo xa figuraba a persoa, con nomes e apelidos, que sería contratada para o mesmo seis meses despois. Unha persoa que a oposición di que está relacionada co voceiro do PPdeG no municipio e que non é arquiveira ou bibliotecaria profesional, senón historiadora.

O Concello de Vedra recibiu esa subvención. En total 7.581 euros, dos que o propio municipio asumiría o 33%, para realizar un proxecto que o concelleiro Enrique Vázquez calculou que se realizaría en tres meses e medio — a razón de 560 horas de traballo total–. O traballo consistiría na “migración dos datos do software da versión 2.0 á 3.0 de 5.958 rexistros e actualización do inventario de 145 unidades de instalación”, que levaría unha semana; na “catalogación do fondo emigración”, que serían dous meses; na “catalogación do Libro de Emigrantes”, que levaría unha semana e na “catalogación de 100 anos de actas do pleno”, se se realizaría nun mes. Pero, ao final, o traballo fíxose nun mes e cinco días. Podes ler toda a noticia no xornal Galicia Confidencial.

 

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. Marcos Maceira di:

    Bueno o caso e que tampouco din cantas horas traballou nese mes. Por que se traballou de luns a domingo 16 horas diarias pois nun mes liquidou o traballo.
    Pero esto xa e dar a demasiadas voltas o tema.
    A min non me parece tan grave o tema.
    Pero a ver, pero cantos archiveros ou bibliotecarios titulados hai en Vedra?
    somos pocos mais de 5000 persoas das que casi a metade serán jubilados e na outra metade, que había 10 bibliotecarios como para sacar un concurso público.?
    xa sería a hostia o porcentaxe de archiveros ou bibliotecarios en Vedra… Veña son gañas de marear…

A %d blogueros les gusta esto:

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: