Os castros de Cortegada e Cartimil de Silleda no visor PBA

Descubre o novo mapa do IDEG que sinala a área de protección dos bens patrimoniais

Un novo visor do organismo de Información Xeográfica de Galicia, encadrada na IDEG (Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia) e dependente da Administación autonómica  galega, permítenos ter acceso ao territorio con datos do mapa do Plan Básico Autonómico (PBA). Segundo lemos na súa web : “O Plan Básico Autonómico quere reflectir as delimitación derivadas da lexislación sectorial que inciden sobre o territorio e inclúe os instrumentos de ordenación do territorio (plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal)”. Dentro das capas do visor temos información sobre instrumentos de ordenación do territorio e a paisaxe, planos do catastro, redes de transporte, entidades de poboación, límites administrativos e modelos de asentamento. Unha desas capas, ao noso modo de ver, reviste unha gran importancia para ter información sobre os terreos en que se atopan situados  os elementos do  patrimonio cultural, sobretodo os que se corresponden con lugares arqueolóxicos. Teríamos que pulsar no cuarto icono da parte superio da páxina  (selección de capas)  e logo ir a  Afeccións  en : Patrimonio Cultural, que é o último apartado. 

Os límites de afección veñen delimitados por unhas liñas de puntos , se activamos dita capa, e permite consultar toda a xeografía galega sen ter que buscar en cada PXOM ou normas subsidiarias que rexe en cada concello. Esta nova ferramenta de dominio público implementa os medios para o coñecemento das normas que inciden sobre o territorio galego.

Para as posibles alegacións sométese a información pública o PBA por período de dous meses  e pódese consultar o procedemento no DOG do 22 de decembro de 2017. 

Delimitación dunha área de Petróglifos en Porto do Son

Esperemos ademais que sexa unha guía de referencia necesaria para dotar de axilidade e boas prácticas aos diferentes sectores profesionais á hora de tomar medidas axeitadas nos proxectos que se leven a cabo. 

Outros visores interesantes que podemos consultar en Información Xeográfica de Galicia serían os referentes  á paisaxe e ao da guía de cores e materiais.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Divulgador

Pode que che interese...

  • Nemigo

    interesante ferramenta
    veño de botar unha ollada e ten erros, faltan elementos arqueológicos

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: