Imaxe do vídeo do CSIC sobre a orientación espacial e temporal das necrópoles megalíticias do Barbanza
Imaxe do vídeo do CSIC sobre a orientación espacial e temporal das necrópoles megalíticias do Barbanza

Solsticios e lunasticios: A complexa organización espacial das necrópoles megalíticas do Barbanza

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) acaba de presentar uns  interesantes vídeos que mostran unha representación performativa da organización espacial da paisaxe antiga dunha das necrópoles megalíticias máis espectaculares de Europa, as da serra do Barbanza, unha das primeiras construídas polos humanos en Europa occidental.

Así, e segundo recollen estes vídeos, as mámoas transforman o tempo en temporalide mediante o control do calendario e dos ritmos temporais e astronómicos e crean unha rede de orientación que marcan eventos astronómicos, solsticios e lunasticios. De feito, as saídas e postas de sol no solsticio de inverno tiveron unha especial importancia.

Nestes vídeos podes entender a complexicade desta necrópole e a súa estrutura no espazo e a relación cos fenómenos temporais. Fonte: Galicia Confidencial.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: