fbpx
Claustro gótico do mosteiro de Oia / X.S.

A Plataforma S.O.S. Mosteiro denuncia a situación de abandono do mosteiro de Oia

Tempo de lectura: < 1 min.

A través da plataforma de denuncia online que puxo en marcha este portal de historia, a Plataforma S.O.S. Mosteiro denunciou a situación de abandono no que se atopa o mosteiro de Oia.

Así,critica a “o abandono” de todo o complexo monástico, declarado BIC, por parte dos propietarios e administracións. Tamén denuncia que as visitas públicas ao mosteiro non poden realizarse porque se alega “perigosidade” debido ao seu estado. De feito, hai poucas semanas caía parte do teito dunha das edificicacións.

Claustro barroco do mosteiro de Oia, apuntalado ante o seu deteriorado estado / X.S.

Esta entidade insiste en que o mosteiro é un “ben cultural de todo@s” e que “non se debe permitir que se deteriore máis”. Por iso, piden a súa expropiación e rehabilitación.

Hai uns meses, HdG entrou neste mosteiro acompañado polo seu propietario, que tamén lamentaba o estado de abandono no que se atopa o inmoble. Unha situación que, dicía, era debida a que os sucesivos gobernos do concello de Oia non se poñen de acordo nos usos urbanísticos para rehabilitalo. De feito, leva xa máis dunha década agardando á luz verde para o proxecto de restauración que inclúe un hotel de catro estrelas con 72 habitacións e un spa de talasoterapia.

Pode que che interese...