Imaxe do Parque do Pasatempo de compezos do século XX / Deputación da Coruña

O primeiro parque enciclopédico europeo de Betanzos segue sen arranxarse un ano despois do derrube dos muros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde betanceiro, Ramón García Vázquez, mantiñan a pasada semana unha xuntanza para analizar a situación do Parque do Pasatempo, o primeiro parque enciclopédico de Europa. Un monumento que leva esquencido e abandonado a pesar da súa gran importancia e despois de que, hai un ano, caira un dos seus muros, e tras os enfrontamentos entre as distintas administracións que non se poñen de acordo para o seu arranxo.

E, a pesar desa xuntanza, pouco se ten feito para arranxar os desperfectos. O Concello de Betanzos sostén que, de acordo coas inspeccións realizadas ata o momento, sobre todo nas covas e nos espazos por onde pasa a auga, tanto estanques como tramos de canalización, ningunha destas áreas presentan perigo de derrube.

Con todo, o concelleiro de Urbanismo, Antonio Vázquez Lorenzo, confirmou, tal e como apunta El Ideal Gallego, que en que en ningún momento se empregou tecnoloxía precisa para manter esta hipótese. Que as súas conclusións baseáronse nos coñecementos dos peritos e… pouco máis.

Un dos muros exteriores derrubouse a comezos do 2017 debido as vibracións provocadas pola vía de circunvalación (a avenida de Fraga Iribarne), que pasa ao seu carón. Os técnicos non descartan que esas vibracións da circulación rodada poida afectar as terrazas superiores do Parque do Pasatempo.

Agardando

Aínda que tanto Xunta, coma Deputación da Coruña, coma o concello suliñaron que os desperfectos ían ser reparados xa o pasado ano, a situación segue igual. Por iso, agardase que nese 2018 haxa un acordo para a consolidación deste gran monumento realizado polos irmáns García Naveira. Así, a deputación comprometeu a achegar 600.000 euros e a Xunta a completar o expediente para declaración do parque como BIC (Ben de Interese Cultural).

O Goberno de Betanzos volveu repetir que o seu obxectivo pasa pola consolidación dos muros de contención e dos estanques, e, aínda que non o fixo no 2017, agarda que esta obra poida estar finalizada nos primeiros meses do 2018. E o certo é que o anteproxecto encargado e redactado por un equipo multidisciplinar en 2016 xa puña sobre aviso sobre o perigo de derrubes, tal e como aconteceu o pasado ano.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: