fbpx
Mapa antigo de Galicia con topónimos
Mapa antigo de Galicia con topónimos

Queres saber algo de Lingüística Histórica?

Tempo de lectura: < 1 min.

A lingua tamén é parte da historia e, co seu estudo e coñececemento, tamén se pode saber como foron evolucionando as sociedades. Precisamente, este xoves 25 e o venres 26 o Instituto da Lingua Galega (ILG) celebra o quinto Coloquio Lingüística Histórica dedicado a lingüística histórica e toponimia galego-portuguesa. Nesta nova edición e seguindo a traxectoria das anteriores, o encontro propón camiños de exploración interdisciplinar, nesta ocasión compartidos coa toponomástica. As coordenadas espazo-temporais de análise serán as do dominio galego-portugués en todo o seu percurso histórico. A inauguración oficial celebrarase ás 10.00 horas para, deseguido, dar paso ao programa do encontro.

Respondendo á vontade da práctica investigadora interuniversitaria, comparecen no programa do Coloquio especialistas destas dúas disciplinas que ofrecerán ollares multidisciplinares, coas voces toponímicas como denominador común e a historia, a xeografía, a lingüística e o procesamento da linguaxe natural como perspectivas de análise.

Pode que che interese...