Un dos cadros de Goya en cómic / A Fundación

Como reinterpretar as grandes obras de arte dos museos a través dos cómics

Máis de 70 autores de banda deseñada e ilustradores contemporáneos recrean na mostra «A Arte no Cómic», a través de viñetas, a obra dos grandes mestres da pintura universal. A exposición, producida por Fundación Telefónica, chega a Santiago de Compostela en colaboración con Afundación, a Obra Social de ABANCA, e amosará obras inspiradas en pezas emblemáticas como El Guernica ou La Gioconda.

En total, serán 73 debuxantes e artistas da novena arte os que reinterpretan as grandes obras da historia da pintura universal na exposición comisariada polo historiador Asier Mensuro e producida por Fundación Telefónica. A mostra, que se inaugurará o vindeiro mércores 24 de xaneiro, está estruturada en tres espazos: a presenza do cómic nos grandes museos e a homenaxe dalgúns debuxantes a pezas de arte emblemáticas. A exposición mostra, entre outras, obras do Museo do Louvre; do Museo Nacional do Prado ou do Museo Thyssen-Bornemisza, que actúan como colaboradores desta orixinal exposición.

«A Arte no Cómic» estuda o modo en que o cómic se aproximou ao mundo da pintura e incide especialmente na actual corrente museográfica que avoga por un achegamento á novena arte como unha disciplina que debe estar presente na programación dos museos e grandes centros de arte. Así, no primeiro dos espazos desta exposición pódese observar a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre, do Museo de Orsay, do Prado, do Centro Pompidou ou do Museo Thyssen-Bornemisza. Fundación Telefónica tamén se sumou a esta iniciativa encargando versións libres dalgunhas das mellores pezas do seu patrimonio artístico a ilustradores e autores de prestixio, que ofrecen a súa visión, entre outras, de obras de Pablo Picasso, Antoni Tàpies ou René Magritte.

Ilustradores galegos

Destaca a incorporación á exposición nesta Sede de Afundación en Santiago de Compostela de páxinas orixinais de Sagar Fornies para Le Syndrome de Sthendal, cómic aínda inédito no noso país, editado polo prestixioso Centro Pompidou e a casa editorial Glénat co gallo da celebración do 40 aniversario da apertura do museo.

O segundo ámbito da exposición está centrado no cómic desenvolvido por autores galegos, entre os que se atopan

Un dos cadros de Goya en cómic / A Fundación

. Ademais, con motivo da mostra, Afundación encargou a Jacobo Fernández Serrano unha historieta baseada nalgunhas das obras máis sobresaíntes da súa colección de arte.
Por último, a exposición recolle como as grandes obras da pintura aparecen no cómic.

Trátase dun novo achegamento ao mundo da pintura, unha mirada persoal e unha homenaxe dos autores de bandas deseñadas que, conscientes da capacidade narrativa da novena arte, utilizan os seus recursos para mostrarnos o mundo da pintura dun modo distinto ao que habitualmente ofrecen críticos e teóricos da arte.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: