Un cadro de Julio Ferrer sobre a lepra

Lepra, unha enfermidade prehistórica que aínda ten casos en Galicia.

A lepra ou enfermidade de Hansen é unha das patoloxías históricas máis coñecidas e documentadas. Hai evidencias da súa existencia de polo menos 4000 anos, cando en 2009, nunha escavación arqueolóxica chamada Balathal (Raxastán, ao noroeste de India), atopáronse os restos óseos dun home adulto duns 30 anos de idade con mostras de padecer esta enfermidade e non recibir ningún tipo de tratamento para curala. A datación por radiocarbono indicou que o esqueleto foi enterrado entre o 2500 e o 2000 A.C.

Efectos da lepra nun enfermo

Efectos da lepra nun enfermo

A súa difusión é moi ampla, pero é máis frecuente nos países tropicais ou tépedos. Durante a Idade Media foi unha das enfermidade moi difundida, dando lugar, precisamente, o nacemento de ordes relixiosas que se encargaban de coidar aos leproso.

A última leprosería de Europa atópase en Vall de Laguart, na provincia de Alacant, é o Sanatorio de San Francisco de Borja, máis coñecido como o Sanatorio de Fontilles. E o certo é que esta patoloxía segue, aínda hoxe, afectando a persoas.

Novos casos

De feito, en 2016 rexistráronse 214.783 novos casos de lepra, un 1,9 por cento máis que respecto de 2015, cando se detectaron 210.740 casos no mundo, e que supón a primeira subida desde 2012, segundo os datos recompilados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e difundidos pola asociación Fontilles con motivo da celebración do Día Mundial contra a enfermidade.

En España, en 2017 notificáronse ao Rexistro Estatal de Lepra do Instituto de Saúde Carlos III-Centro Nacional de Epidemioloxía 8 novos casos (7 deles con país de orixe distinta), un deles en Galicia, estando ao termo do ano até tres en tratamento na comunidade galega.

Os casos repartíronse en: 2 en Madrid e no País Vasco, e 1 en Aragón, Cataluña, Galicia e Navarra. Así mesmo, ao acabar o ano, había 24 persoas en tratamento: 8 en Cataluña, 4 en Madrid, 3 en Galicia, 2 en Baleares, Castela-A Mancha e País Vasco, e 1 en Andalucía, Castela e León, e Navarra. Os datos contrastan cos datos do 2015, cando foron 8 novos casos (6 deles contraeran a enfermidade noutros países) e había 34 persoas en tratamento.

A imaxe social da lepra

Os enfermos de lepra sofren moitisimo senón son tratados. De feito, durante a Idade Media, quen contraía a enfermidade era apartado e tiña que levar unhas pequenas táboas na man, as táboas de San Lázaro, que golpeaba para avisar á xente do seu paso.

Actualmente, o seu tratamento é sinxelo se é collido a tempo. Con todo, segue tendo moita incidencia en países en vías de desenvolvemento. A imaxe da lepra está moi presente ao longo de toda a historia, polo seu impacto na sociedade. Así, hai numerosas referencias aos seus efectos.
Tamén as películas amosaron en varias ocasións este estigma:

Documental detras de la piel, Fontilles

Molokai, a illa maldita. 1959

Fragmento de Ben Hur

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: