Unha foto sobre o “Ocaso castrexo” gaña o IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera
Ocaso castrexo, de Oscar Doral García, gañou o IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera que organiza o Goberno da Deputación de Lugo.
Trátase da cuarta edición do certame fotográfico que organizou o Executivo Provincial, dotado con 1.600 euros, para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza paisaxística e ambiental, así como os recursos naturais dos que dispón as Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses.
Este ano o concurso tivo como tema central a armonía entre persoas e natureza, nestes 2 espazos naturais que contan co distintivo da UNESCO, co que pretendíase que as instantáneas amosaran oficios tradicionais que se atopan integrados na natureza, infraestruturas ou patrimonio material, inmaterial e etnográfico que están en harmonía coa natureza.
Foron 21 persoas as que participaron este ano coas súas obras. Os tres mellores traballos presentados recibiron premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente. Os criterios valorados polo xurado foron a composición, orixinalidade e calidade estética da imaxe.
Ademais do gañador, resultaron premiados “El instante” de Daniel Sánchez Enjuto e “A espera” de Antonio José Fernández Hevia.