fbpx
Representación do Cid como cabaleiro medieval

Coñece como cantaba un xograr do século XIII grazas ao Cantar de Mio Cid

Tempo de lectura: 2 min.

Agora xa podemos saber como podía ser a actuación dun xograr do século XIII. Tras anos de investigación, Antoni Rossell, profesor de Filoloxía Románica e director do Instituto de Estudos Medievais da Universitat Autònoma de Barcelona, estableceu unha reconstrución musical de El Cantar de Mio Cid. Grazas ao seu traballo podémonos facer unha idea de como era a actuación lírica e xestual dun xograr na Castela do século XIII.

Tal como explica o autor, trátase dunha “reconstrucción musical realizada a partir de repertorios litúrgicos medievales, sobre todo del Canto Gregoriano, de la tradición oral del Romancero Hispánico y de la tradición cortesana de la lírica trovadoresca”. Unha reconstrución que presenta no documental “El Cid cantado por Antonio Rossell”, un filme dunha hora e media de duración que recolle os episodios máis significativos desta obra.

Representación de trobadores medievais, un cristiano e o outro mouro.

Representación de trobadores medievais, un cristiano e o outro mouro.

Como dar vida a un xograr

O filme inclúe episodios rodados nuns estudios de Lyon, xunto a exteriores de lugares emblemáticos evocados no Cantar, en particular na cidade de Calatayud. Non se busca reconstruír visualmente a época medieval pero lógrase rememorar tanto ao heroe épico como á España medieval a partir de aparicións do xograr en escenarios do camiño que seguiu El Cid. O autor móstranos como na época o xograr conseguía dar vida ante o público ao texto do poema.

“Disponemos de suficientes elementos métricos, literarios y musicológicos que nos llevan a pensar que la música de El Cantar de Mio Cid era como se muestra en este documental, aunque en la música medieval siempre trabajamos con hipótesis porque no existe una tradición oral directa. El material más cercano del que disponemos son los cantos de la liturgia gregoriana. Los manuscritos musicales que se conservan en la actualidad son precisamente manuscritos de conservación, no partituras musicales, que se hacían para que no se perdieran”, indicou durante a presentación da cinta que fixo esta semana en Santiago nun acto promovido pola Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares.

Viñetas do libro de BD sobre a época medieval e o Cid, Roncesvalles

Viñetas do libro de BD sobre a época medieval e o Cid, Roncesvalles

Colaboración con investigadores da Universidade de Santiago

Antoni Rossell xa colaborou con varios investigadores da Universidade de Santiago na grabación de dous discos con Cantigas de Santa María de Afonso X vencelladas a Galicia, no ano 2004. O repertorio centrábase naquelas cantigas que pola súa situación xeográfica, referencias á peregrinación compostelá, mención de personaxes… poderían situarse na comunidade galega.

Nesta iniciativa cooperaron intérpretes de música tradicional como Mercedes Peón; xunto a escritores, intelectuais e profesores encargados de recitar os textos. Este proxecto foi dirixido por Rossell, que ademais participou coa súa voz e tocando varios instrumentos.

Pode que che interese...