fbpx
Interior da Cova de Arcoia, no Courel / Entre Peces y Murciélagos - Blogspot

A Cova de Arcoia, con restos do Pleistoceno, ameazada por visitas incontroladas

Tempo de lectura: 2 min.

Arcoia, situada na serra do Courel, é unha das covas máis espectaculares de Galicia e, segundo algúns investigadores, a máis fermosa que hai para os afeccionados á espeleoloxía. Pero, desde os últimos tempos corre un serio risco polas visitas incontroladas que ameazan con danar esta cavidade.
A cova de Arcoia consiste nunha complicada sucesión de salas e pozos intercomunicados. Por iso -ademais de que para entrar na cova agora necesítase permiso administrativo-, non é nada recomendable penetrarse neste espazo sen uns bos guías e moito menos indo só. Pero moita xente estase aventurando a ir pola súa conta sen respectar os numerosos avisos.

As salas e galerías da parte superior son as que ofrecen maior interese, pola súa abundancia en estalactitas, estalagmitas, coadas e outras rechamantes formacións calcáreas. Todas elas teñen nomes que fan alusión a certos fenómenos, como o Salto do Cabalo, a Sala da Música ou a do Elefante.

Marcas das gadoupas do oso cavernario na cova de Arcoia, no Courel / UDC

Salas incríbles

Algunhas delas destacan polo seu especial tamaño, como a gran estalagmita da chamada Sala do Elefante. Noutros puntos, como na Sala da Música, estas formacións ofrecen un aspecto delicado. Na parte superior da cova atopáronse ademais numerosos fósiles do Pleistoceno. Estes vestixios -de especies como o oso cavernario, o oso pardo ou o cervo- foron localizados e retirados hai anos polos paleontólogos. Hoxe poden verse algúns fragmentos de ósos de animais que quedaron integrados na roca calcaria.

A parte inferior é a que ten maior actividade erosiva, porque a cavidade continúa formándose actualmente nela. Neste sector, asulagado no inverno, o barro e a auga están presentes en maior ou menos medida durante todo o ano.

Alarma

A alarma sobre a masificación desta cova deuna xa o concello de Folgoso do Courel, coa advertencia de que persoas descoñecidas incontroladas agrandaran escavando a oquedad de entrada a esta cavidade. O biólogo e coordinador do albergue turístico de Quiroga, Guillermo Díaz Aira, foi un dos que deu o aviso ao concello denunciando a agresión.

Nos úĺtimos tempos aumentaron as visitas de xeito descontrolado, tanto de persoas que forman parte de grupos guiados por empresas de turismo activo, como tamén de grupos que van por libre e sobre os que non hai ningún control.

Pode que che interese...